Guía de Recursos (2)

Distribuir

Distribuir contido

Acción Exterior de Galicia. Vigo, maio 1999 (segunda edición), 288 páx.


A Guía de Recursos de Acción exterior de Galicia reúne información útil para os numerosos axentes da sociedade galega que desenvolven algún tipo de relación co exterior. A Guía representa un instrumento de incalculable valor que evita a dispersión de actuacións e proporciona, de maneira ordenada e sistematizada, un sentido global e globalizador ás iniciativas e actividades que contan cunha prolongación exterior. Á inversa, a Guía pode satisfacer o interese de calquer galego da diáspora ou de calquer cidadán do mundo para establecer pontes con Galicia. A Guía de recursos é unha iniciativa do IGADI que contou co apoio da Fundación Galicia-Europa e da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia. A súa distribución é gratuíta previa solicitude ó IGADI.

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais