Nós no Mundo 2018

Distribuir

Distribuir contido

Nós no Mundo 2018. A paradiplomacia galega e a globalización do local

A paradiplomacia galega e a globalización do local

  • PRESENTACIÓN: A PARADIPLOMACIA GALEGA E A GLOBALIZACIÓN DO LOCAL. EGAEX. A ACCIÓN EXTERIOR INSTITUCIONALIZADA.
    Por Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local.

  • NOTAS PARA UNHA ESTRATEXIA EXTERIOR DA CORUÑA.
    Por Alberto Lema, Concelleiro de Emprego e Economía social do Concello da Coruña.

  • A ACCIÓN EXTERIOR NO CONCELLO DE LUGO.
    Por Lara Méndez López, Alcaldesa do Concello de Lugo.

  • OURENSE LÁNZASE AO MUNDO PARA BRILLAR CON LUZ PROPIA.
    Por Jesús Vázquez, Alcalde do Concello de Ourense.

  • PONTEVEDRA: INTRODUCIÓN, NUDOS E DESENLACES.
    Por Anabel Gulías, Concelleira de Promoción da cidade, turismo e urbanismo do Concello de Pontevedra.

  • A ECONOMÍA GALEGA EN CLAVE INTERNACIONAL NO 2017.
    Por Manuel González López, Grupo de Investigación ICEDE, Departamento de Economía Aplicada. USC

  • HAI DÚAS GALICIAS QUE PRECISAN CONEXIÓN. CENTROS GALEGOS, A PATRIA SIMBÓLICA.
    Por María Xosé Porteiro, xornalista e antiga delegada en Arxentina da Xunta de Galicia.

  • A PARADIPLOMACIA GALEGA NA UNIVERSIDADE? O EXEMPLO DOS CONGRESOS DE ESTUDOS INTERNACIONAIS DE GALICIA.
    Por Álvaro Xosé López Mira, Celso Cancela Outeda e Daniel González Palau, codirectores do 2º Congreso de Estudos Internacionais de Galicia.

  • A CONEXIÓN GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
    Pola Coordinadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres.


Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das inmensas dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos. O Nós No Mundo é unha das nosas publicacións regulares de referencia dende o ano 2010.

O esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a nosa proxección internacional e afirmarnos coma foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva.

 

AnexoTamaño
Obtén nesta ligazón o PDF do "Nós no mundo 2018: A paradiplomacia galega e a globalización do local"1.3 MB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais