Texturas Internacionais nº7

Distribuir

Distribuir contido

Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local

Daniel González Palau

 

Neste volume, o autor realiza unha completa digresión sobre a problemática dos irmandamentos. Realiza primeiro, unha abordaxe contextual e teórica para despois pormenorizar nos retos dos gobernos locais do século XXI. Finalmente, analiza os irmandamentos como ferramenta para o desenvolvemento local. Pormenorizando nos datos relativos a esta cuestión na Galicia de 2009, ofrece valiosas conclusións e introduce propostas para destacar o enorme valor e potencialidade desta expresión da paradiplomacia local, tan a miúdo desprezada unha vez pasou a etapa constitutiva. Pola contra, os irmandamentos, ben concibidos e optimizados, poden servir de acicate para promover o desenvolvemento, a cooperación e a sostibilidade nas mais diversas frontes dunha xestión municipal orientada ao servizo aos cidadáns. 

González Palau, Daniel. Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local. Colección Texturas Internacionais, IGADI, 2010.  

 

 

Sumario

Presentación

Primeira parte: dimensión teórica

  • 1. Marco contextual e teórico

    • 1.1. Globalización, complexidade e crise de intelixibilidade
    • 1.2. A teoría de redes sociais
  • 2. Os gobernos locais do século XXI

    • 2.1. O desenvolvemento da globalización: a sociedade-rede
    • 2.2. O goberno na sociedade-rede: evolución e configuración do modelo relacional
    • 2.3. As novas dimensións do desenvolvemento local no contexto da sociedade-rede
    • 2.4. A cooperación descentralizada: a internacionalización das cidades e a paradiplomacia urbana
  • 3. Os irmandamentos coma ferramenta de desenvolvemento local:

    • 3.1. Introdución: que son os irmandamentos?
    • 3.2. Orixe europea e desenvolvemento comunitario
    • 3.3. O modelo americano: as sister cities
    • 3.4. España e o modelo galego
    • 3.5. Nacemento e desenvolvemento dun irmandamento: modelos clásicos e descritivos
    • 3.6. Os irmandamentos na sociedade-rede

Segunda parte: dimensión avaliativa

  • 1. Metodoloxía
  • 2. Análise de datos Galicia 2009
  • 3. Conclusións:

    • 3.1. O modelo galego de irmandamentos
    • 3.2. Resumo executivo

Terceira parte: dimensión propositiva

  • 1. Introdución
  • 2. Modelo normativo de xestación e desenvolvemento dunha irmandade

Bibliografía

Documentación institucional

Listaxe de actores relevantes

Anexos

 

Para solicitar información ou o envio dalgún exemplar diríxete a info@igadi.gal

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais