Vén connosco…

dar a volta ao mundo!

Somos unha comunidade de coñecemento plural, que impulsa a reflexión sobre as relacións do local co global e o mundo no que vivimos, mais tamén unha asociación cun papel específico nas políticas públicas da acción exterior de Galicia, realizando seguimento e incidencia, na procura de mellorar a nosa posición internacional maximizando os nosos recursos.

Desde o Atlántico e o centro do mundo, apostamos estatutariamente e nas nosas actividades por unha Galicia que defende o ideario de Nacións Unidas, a Axenda 2030 e a Declaración de Dereitos Humanos desde unha ollada aberta ao diálogo de civilizacións e a cooperación, por riba da confrontación e o conflito.


O IGADI é unha asociación fundada no 1991 con nº de rexistro de asociación da comunidade autónoma de Galicia: 2004/7499-1. Estatutariamente defende a proxección internacional de Galicia e a comprensión do mundo desde aquí, impulsando o seguimento, a análise e a definición de proxectos en relación coa presencia de Galicia no mundo e a comprensión do mundo desde Galicia.


Como viaxar connosco

Hai moitos camiños para participar con e no IGADI

  • Doazóns

    DoazónsO teu contributo tamén é importante para continuarmos esta viaxeSe che apetece apoiar o noso traballo, podes facelo desde 1 euro, apoios que contan e que nos animan a seguir impulsando o traballo e a misión do IGADI.[wdgk_donation]
  • Subscricións

    SubscriciónsÚnete á comunidade do IGADI. Think tank galego desde 1991.Subscríbete e terás aceso ás nosas novas e publicacións máis destacadas antes que ninguén, recibirás agasallos sorpresa na túa casa e no teu correo, accedendo aos nosos contidos exclusivos.Coa túa subscrición impulsas o traballo do IGADI no seu conxunto desde a nosa misión estatutaria: comprender o mundo desde aquí e proxectar a Galicia no contexto internacional.Hai moitas maneiras de dar a volta ao mundo, mais ningunha como esta. Vive a experiencia da paradiplomacia cidadá e fai a viaxe ao futuro con nós...[products columns="2" category="subscricions" class="estilo_planos"]
  • Publicidade

    PublicidadeFai que a túa publicidade de a volta ao mundoPola natureza do IGADI a nosa audiencia é mundial. Contamos con alianzas en catro continentes, Europa, América, Asia e África. A Rede IGADI conta con investigadoras asociadas de 27 países.Contamos cun público especialmente significativo en lingua galega, española, portuguesa e inglesa. Recibimos máis de 25.000 visitas anuais de 80 países e os 5 continentes.Apoia ao IGADI e as túas campañas impactarán na nosa comunidade, que saberá que nos das soporte, tamén nas redes sociais.O IGADI dispón de varios espazos publicitarios tanto para organizacións e institucións, como para empresa e outras iniciativas. Contacta connosco no correo electrónico info@igadi.gal ou no teléfono +34 600 30 90 66 para consultares detalles da contratación de publicidade ou obteres a información que precises do impacto da nosa web e redes sociais.Tempo exteriorPublicación semestralTiraxe: 0000 unidades cada númeroDistribuida en varios paísesTamaño máximo da publicidade: 170x240mm.OpciónsInterior capa e/ou contracapa (cor)Interiores (b/n): no inicio de artigoBáner webMedia de visitantes únicos (Awstats 2019-2022): 130.000Media de visitantes (Awstats 2019-2022): 210.000 (1.83 visitas/visitante)Contratación mensual ou anualInteriores (Columna Dereita)Columna da dereita acompañando artigos e noticias.Orde aleatoria no espazo compartido con outros anunciantesTamaño máximo: 300x300pxPáxina de inicio (despois de slider)Unicamente páxina principal (todo o ancho da retícula)Despois de sliderTamaño máximo: 1200x250pxTamaño máximo mobile: 450x200pxPáxina de inicio (primeiro scroll)Unicamente páxina principal (todo o ancho da retícula)A primeira vista de scroll despois do boque de NoticiasTamaño máximo: 1200x250pxTamaño máximo mobile: 450x200pxPáxina de inicio (intermedio)Unicamente páxina principal (conxunto de báneres de 3 columnas)Despois do listado de "Análise e actualidade"Tamaño máximo: 400x400pxPáxina de inicio (fondo)Unicamente páxina principal (conxunto de báneres de 3 columnas)Antes do pé de páxinaTamaño máximo: 400x150px
  • Newsletter 

    Newsletter:O IGADI tamén voa ata a túa caixa de correoAcompáñanos tamén mediante un boletín por correo-eO Instituto realiza unha actividade variada entre proxectos, presentacións, coloquios, palestras e outros eventos, ademais das análises publicadas diariamente.Ademais das súas redes sociais, ofrécese a posibilidade de recibir na propia caixa de correo un resumo das actualizacións e novidades da web.Existen varias opcións no tipo de notificacións que se recibirá no teu correo electrónico, por defecto todas marcadas, pero que poderás reconfigurar cando se desexe mediante a ligazón no pé de correo da newsletter.[newsletter]
  • Socios/as Protectores/as

    Socios/AS Protectores/AS: Institucións e empresasO IGADI procura socios/as protectores/as entre o mundo institucional e empresarial.Se che interesa que a túa empresa ou institución apoie o traballo do IGADI, a proxección internacional de Galicia e a Axenda 2030, fala con nós e fai parte do IGADI, beneficiándote con actividades e visibilidade, información e coñecemento especializado. Contacto: info@igadi.gal
  • Tenda

  • Colaborar

    ColaborarHai moitas maneiras de participar no IGADI