Taiwán

Gañou o independentista Chen Shui-bian. En Taipei comeza un novo ciclo político. Os taiwaneses votaron contra esa China ameazante que agora decátase do tarde que é para medir as súas palabras. O outro gran perdedor das eleccións presidenciais é o Kuomintang, gobernante dende 1949.

Para a China non queda outra opción que a guerra ou recoñecer a “verdade nos feitos” e admitir que non pode medir a Taiwán co mesmo raseiro de Macao ou Hong Kong. A fórmula de Deng Xiaoping, “un país, dous sistemas”, noutro tempo símbolo de reforma e conciliación, hoxe é sinónimo de conflicto. Haberá que imaxinar outros camiños pero sen perder de vista que os líderes chineses, probablemente agora moi divididos, gobernan con unha man na Historia. Esa é a perspectiva que pode conducir ó enfrontamento.

Para calmar os ánimos, urxe que Chen Shui-bian equilibre a enorme forza da lexitimidade recibida con unha considerable dose de pragmatismo continental.