Winter Olympic Games Beijing 2022

Beijing do 2008 ao 2022: entre o político e o olimpismo

O seguinte artigo ten como obxectivo xeral ser unha análise comparativa entre o olimpismo e o discurso chinés da experiencia de Beijing 2008 e a de 2022. Isto levarase acabo a través do rescate do contexto interno de China e o sistema internacional de cada un destes momentos, utilizando como punto de referencia os conceptos teóricos de Yan Xuetong de KLP, Keeping a Low Profile (manter o baixo perfil, en galego) e SFA, Strive For Achievement (loitar polo logro, en galego).
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Idiomas Galego

O seguinte artigo ten como obxectivo xeral ser unha análise comparativa entre o olimpismo e o discurso chinés da experiencia de Beijing 2008 e a de 2022. Isto levarase acabo a través do rescate do contexto interno de China e o sistema internacional de cada un destes momentos, utilizando como punto de referencia os conceptos teóricos de Yan Xuetong de KLP, Keeping a Low Profile (manter o baixo perfil, en galego) e SFA, Strive For Achievement (loitar polo logro, en galego).

A primeira experiencia

Dentro da cultura popular, o olimpismo invernal non é necesariamente o escaparate que logran ser os Xogos Olímpicos de verán. Porén, entre a pandemia e o fracaso que foron os xogos de Tokio 2020 (2021), todo indicaba que a versión de inverno sería a que lograría captar a milleiros de espectadores e, ao mesmo tempo, volverse un elemento de poder suave para o país sede.

A preparación do goberno chinés da sede de Beijing 2022 tivo todo un proceso de coidado. Por unha parte, foi de novo anfitrión nun novo momento para reposicionar a China, tal e como acontecera nos xogos de 2008, momento no cal logrou mostrar ao mundo a capacidade en infraestrutura e a innovación tecnolóxica, deixando de lado o «tabú» segundo o que, ao comezo do século, era a chamada «fábrica do mundo». Neste evento, China conseguiu saír avante pese as cuestións sobre o tema do Tíbet, referentes á publicación de imaxes de monxes tibetanos maltratados. Do mesmo xeito, esta exhibición deu lugar non só á construción dunha das vilas olímpicas máis modernas, senón tamén á preparación da cidade de Beijing para un debut de internacionalización, no cal as políticas públicas enfocáronse a impulsar o estudo do idioma inglés para poder atender a atletas e turistas.

Naquel momento, o proceso cara a fin da primeira década dos dous mil significaba o ascenso das economías emerxentes, os BRICS, un grupo no cal China levou a cabo un papel determinante debido á interdependencia económica que comezaba a fortalecer, xunto á maioría das economías do mundo. A suma da bonanza económica e a construción dun discurso político internacional do que Yan Xuetong (2014) chama KLP, permitiron un contexto determinante para que a dinámica olímpica do 2008 comezara a pechar este proceso de KLP cara o rexurdimento do discurso nacionalista chinés e pechar os liderados de presidentes de transición como Jiang e Hu. Todo isto deu como resultado o comezo da construción do «sono chinés» de Xi.

Buscando repetir a receita

O período entre Beijing 2008 e a sede de 2022 supón un lapso onde os desafíos ao interior e exterior das fronteiras chinesas fixéronse presentes. Con respecto á responsabilidade de ser sede dos xogos de inverno, a contaminación volveuse un dos temas máis observados polo Comité Olímpico Internacional (COI), debido a que os problemas respecto á calidade do aire en inverno son un constante reto para a capital chinesa. Ante isto, xerar os mecanismos para mostrar ao mundo un ceo azul. Se ben non se pode sinalar como un factor determinante ou a razón de ser da inserción chinesa ao discurso de xerar compromisos fronte ao cambio climático, si existe unha harmonía discursiva neste tema.

Cara ao exterior, un aspecto que xeraba especulación era a competencia entre os espectáculos das cerimonias da edición de verán na sede de Tokio e a de Beijing para os xogos de inverno. Isto ante a sutil mais visible estratexia de ambos países de reposicionarse, no caso xaponés, e de reafirmarse, no caso chinés, con respecto ao xeito de inserir este escaparate como parte do seu poder suave e o exercicio da diplomacia deportiva e cultural. Non obstante, a pandemia erixiuse como elemento desestabilizador. A expectativa da mobilización de innovación tecnolóxica e de demostrar os controis sanitarios deron lugar a escenas aparentemente opostas a ambas sedes.

O protagonismo ruso e o tema Ucraína

O preámbulo da cerimonia de inauguración tornouse tenso, pasando dos escándalos do «xogo xusto» ata a alta politización do olimpismo. Isto foi provocado principalmente pola situación se Ucraína, as declaracións rusas, a «distracción» que isto representa para a relación Washington-Beijing e o discurso «diplomático» chinés que non o leva a comprometerse máis alá do que debe.

O resultado xerou unha inauguración cun discurso preciso dende o COI, onde Thomas Bach resaltou «o espírito olímpico da paz» nun «mundo fráxil» ante os conflitos e a desconfianza dentro da política internacional.

Unha sede, varias delegacións

Aínda que o discurso de Bach parecese ser unha chamada á política europea, o chamamento que fai o COI á convivencia pacífica salpica a China con respecto á escalada de tensión no referente a Taiwan. A procura de lexitimar a política de «un país, dous sistemas» ante a escena internacional foi un obxectivo claro do goberno de Xi, onde se visibiliza o concepto de SFA e a estratexia de posicionamento dende o liderado de Xi e a súa inxerencia dentro da política internacional.

No 2008, o inicio da transmisión mostraba ao mundo a inclusión das minorías étnicas dentro de China xerando unha mensaxe indirecta ante a sensibilidade que este tema tiña antes da inauguración. Con todo, en 2022, no desfile de delegacións, principalmente a hongkonesa e a taiwanesa deixaron ver o incómodo que isto é, hoxe en día, para ambas as partes. Por unha banda, os xestos de cada unha das delegacións mostrando o sentimento de identidade a través de símbolos como o é unha bandeira, para o caso hongkonés; mentres que, doutra banda, a reducida delegación de Taipéi con xestos claros de desconformidade. Ademais, é importante sinalar os constantes cameos que se fixeron durante o desfile ao presidente Xi.

Máis aló da transmisión, non hai que deixar de lado como dende os voluntariados se realizaron manifestacións en prol do tema Taiwán, buscando facer viral pancartas de apoio que atraian a opinión pública cara á militarización do estreito de Taiwán.

Conclusión

A maneira de conclusión, sinálase a través dos conceptos de KLP e SFA a transición chinesa na súa imaxe ao exterior, así mesmo como o olimpismo e a diplomacia deportiva son un aspecto clave ocupado por Beijing para reafirmar o seu lugar no sistema internacional.

Referencias