Economia : Liña de investigación

A Galiza, enquanto sujeito económico, terá de reformular a sua estratégia no plano económico internacional para enfrentar os desafios que se avizinham. É por isso que o IGADI criou a presente Linha de Investigação em Economia, uma linha que tenho a responsabilidade e o prazer de coordenar e que visa refletir através dos contributos de diferentes autores de referência sobre a atividade económica galega em relação ao mundo e vice-versa.
Coordena: Diego Sande Veiga

Top view of roll of dollar bills on colorful flag of United Stated of America symbolizing pride and unity

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale

Permanecer cegos ante o mercado chinés non é unha opción intelixente para as empresas do país. Se ben a primeira potencial mundial en termos de PIB continúa a ser EEUU, o país asiático avanza a ritmo constante no proceso de achegamento ao líder.

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale Read More »

A Guera de Irán: Arxelia, efecto bolboreta e multilateralismo

As razóns permanentemente cambiantes e non baseadas en feitos constrastados levan a que ninguén poida hoxe explicar con seguridade cales son os motivos reais da actual guerra en Irán. Mentres, Israel bombardea ao Líbano, gañando terreo no sur do país. Estamos tamén na véspera do vindeiro cumio en Beijing entre Xi Jinping e Donald Trump. Este último, semella perdido nunha fuxida cara adiante cuxo único aliado é Netanyahu. A falta de recuperación da economía norteamericana, acompañada pola perda de popularidade interna dos republicanos, xunto á publicación dos papeis de Epstein e as próximas eleccións estadounidenses de metade de período pairan no horizonte. Mentres todo isto acontece, os civís iranianos e libaneses deben soportar o medo e as agresións externas, e o resto do mundo a escalada da inflación. Ninguén no seu san xuízo pode defender a violencia asimétrica sobre a poboación como medio para impoñer un discurso.

A Guera de Irán: Arxelia, efecto bolboreta e multilateralismo Read More »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026

O ano 2026 presentábase de inicio como un exercicio de transición: nin estamos xa na fase máis aguda das crises acumuladas dos últimos quince anos, nin se pode falar dunha estabilidade plena. Pero a economía internacional móvese nun equilibrio fráxil entre a recuperación, a fragmentación xeopolítica e a transformación estrutural. Proba diso son os recentes acontecementos en Oriente Medio. Ata o comezo da guerra ilegal de Irán, impulsada polo binomio Trump-Netanyahu, albiscándose un horizonte económico de recuperación en Europa. Non obstante, a escalada dos prezos do petróleo ameaza con estender unha mancha negra no horizonte a curto e medio prazo. A duración deste conflito -ou outros derivados que puidesen xurdir- marcará a evolución económica no presente exercicio. Mentres tanto, podemos sinalar algunhas tendencias na economía global.

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026 Read More »

Apartados xeográficos Outros
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Qual é o estado do planeta? Já disponível o IGADI Annual Report 25-26

O 19º anuário de relações internacionais e política global do IGADI delineia as principais dinâmicas da sociedade internacional durante 2025, bem como as perspetivas dos acontecimentos em curso em 2026. Marcado pela presidência de Donald Trump 2.0 e pela erosão total do sistema de normas ocidentais pelo seu principal arquiteto, os Estados Unidos da América, a governança global aprofunda a instabilidade.

Qual é o estado do planeta? Já disponível o IGADI Annual Report 25-26 Read More »

banner, usa, trump, first, america, flag, world power, leadership, leading position, alliance, united, donald trump, stars, politics, patriotism, strip, future, statement, trump, trump, trump, trump, trump, donald trump, donald trump, donald trump

Trump Vs Adam Smith… E Nós?

Non todos os 9 de marzo se cumpren 250 anos da publicación dunha das principais obras de economía en toda a historia da humanidade, pero iso si acontecerá o próximo día 9. Nese mesmo día de 1.776, Adam Smith publicaba o libro titulado “Unha investigación sobre a naturaleza e causas da riqueza das naciones” (An

Trump Vs Adam Smith… E Nós? Read More »

Liñas de investigación Economia
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
diego libro couceiro 1

Presentación do libro de Diego Sande Veiga “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza”. Investigación gañadora do XXVI Premio Colmeiro

O Premio Manuel Colmeiro da Escola Galega da Administración Pública (EGAP) destaca anualmente traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. No ano 2024 o xurado premiou o traballo de Diego Sande, profesor de Economía na Universidade de Santiago de Compostela así como Director do Diploma en Economía e Política China da mesma Universidade. É o Secretario do IGADI e coordenador da nosa Liña de análise e investigación en Economía. 

Presentación do libro de Diego Sande Veiga “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza”. Investigación gañadora do XXVI Premio Colmeiro Read More »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita à Xunta que reconsidere a participação da Galiza na UNESCO e na ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentação Internacional (1991-2026) manifesta a sua preocupação perante a recusa expressa pela Xunta da Galiza em contar com uma representação própria no seio da UNESCO (Organização das Nações Unidas para a Educação, a Ciência e a Cultura) e da ONU Turismo, num contexto em que o Governo de Espanha está a trabalhar para facilitar a presença do País Basco e da Catalunha nestas instituições internacionais.

O IGADI solicita à Xunta que reconsidere a participação da Galiza na UNESCO e na ONU Turismo Read More »

factory 2639751 1280

Aluminio galego: Industria estratéxica e proxección exterior

O aluminio constitúe un dos sectores industriais máis estratéxicos da economía galega, pola súa base produtiva, e especialmente pola capacidade que ten para transformar materia prima en valor engadido, emprego cualificado e presenza exterior. Galicia conta cun ecosistema singular, onde a industria primaria convive cun tecido de empresas familiares altamente internacionalizadas, capaces de competir nos mercados máis esixentes e de situar o aluminio como un dos piares do seu modelo exportador. Nunha economía europea marcada pola transición enerxética, a reestruturación das cadeas de subministración e a competencia industrial global, o aluminio galego destaca como exemplo de industria real, caracterizada pola innovación, o vínculo co territorio e a orientación internacional.

Aluminio galego: Industria estratéxica e proxección exterior Read More »

Liñas de investigación Paradiplomácia Economia
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
foro esp chn 2024 6

Arranca o projeto “Espanha-China: Associação Estratégica para o Conhecimento Mútuo”

O IGADI lança uma iniciativa de investigação, divulgação e diplomacia pública em torno da Associação Estratégica Integral entre Espanha e China. O projeto é desenvolvido graças ao financiamento da Secretaria de Estado dos Assuntos Exteriores e Globais, no âmbito da convocatória de projetos 2025 sobre Prioridades da Política Externa Espanhola.

Arranca o projeto “Espanha-China: Associação Estratégica para o Conhecimento Mútuo” Read More »