Fin de ciclo en Afganistán?

Se ben o presidente estadounidense Barack Obama anunciou esta semana o retiro paulatino de 33.000 efectivos militares estadounidenses de Afganistán a partir do próximo mes de xullo ata o 2012, dificilmente esta táctica estratexia de retirada de tropas signifique o final da misión da OTAN no país centroasiático.

Apartados xeográficos Ásia
Idiomas Galego

Se ben o presidente estadounidense Barack Obama anunciou esta semana o retiro paulatino de 33.000 efectivos militares estadounidenses de Afganistán a partir do próximo mes de xullo ata o 2012, dificilmente esta táctica estratexia de retirada de tropas signifique o final da misión da OTAN no país centroasiático.

Obama e o Pentágono poden calcular diversas variables que definen a apertura deste prazo de retirada. O oneroso custe financeiro do mantemento de tropas en Afganistán, factor clave nun momento de crise económica, compatibilízase coa perspectiva de Washington dun marcado debilitamento da rede terrorista Al Qaida, máxime tralo asasinato do seu líder Osama Ben Laden a comezos de maio en Paquistán, a través dunha operación da CIA.

Non obstante, tras unha década da guerra máis longa librada por EEUU na súa historia, Washington apenas pode ofrecer resultados eficaces. O goberno de Hamid Karzai depende das tropas estranxeiras para manter un mínimo de estabilidade e operatividade administrativa. De ser inimigos irredutibles para EEUU, os Talibán pasaron a converterse en eventuais e inesperados actores cos que Washington vese agora na obriga de negociar para garantir tácticos ceses ao fogo. E lonxe de acabar con este mal, considérase que o Afganistán post-Talibán xestionada pola misión da OTAN e da ONU segue a ser o principal produtor mundial de opio.

Na mente de Obama está o 2014, ano no que espera concretar unha transición política e administrativa en Afganistán, sen presenza de tropas estranxeiras e estabilizada en torno a unha incerta estrutura política e administrativa que apenas logra funcionar con viabilidade. O país centroasiático está practicamente atomizado en espazos políticos e territoriais dominados por milicias pertencentes ao súa diversidade étnica e de clans familiares, dominados por “señores da guerra” con moito máis poder que o propio presidente Karzai.

A retirada militar de Afganistán completaría a súa fase máis importante a finais de 2012, coincidindo coas eleccións presidenciais estadounidenses onde Obama postúlase para a reelección. Por tanto, Afganistán pode constituír un rédito electoral clave para Obama. Pero o horizonte 2012-2014 aínda atópase distante para garantir a eficacia dun retiro militar máis táctico que real. Pode que Obama deixárase influír polo seu secretario de Defensa, Robert Gates, e o xeneral David Petraeus, xefe das forzas estadounidenses en Afganistán, para determinar un retiro militar con claros obxectivos políticos, moi probablemente orientados en dominar as negociacións coas milicias Talibán.

Con isto, o presidente estadounidense revélase persuadido a seguir os ditames do Pentágono. Pero a preocupación a mediano e longo prazo pode que xa non sexa unicamente Afganistán senón a veciña Paquistán, país que Obama considera “o epicentro da inestabilidade mundial”.