O IGADI convoca dúas bolsas Huayu 2015 para a aprendizaxe do chinés en Taiwán

Por cuarto ano consecutivo, e no marco dun convenio de cooperación subscrito coa Academia de Taiwán en colaboración coa Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT), o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) xestionará a convocatoria de dúas (2) bolsas Huayu 2015 para aprendizaxe do idioma chinés mandarín por un período de seis meses en Taiwán.

Dirixidas a persoas maiores de idade (18 anos), de nacionalidade española e con nivel mínimo de Bacharelato, o período de duración das bolsas Huayu 2015 abarcará desde o 1º de setembro de 2015 ao 28 de febreiro de 2016. No proceso de selección, serán avaliados favorablemente aqueles candidatos/as que teñan título da Proba de Competencia en Chinés-Mandarín (TOCFL, mínimo Nivel 2).

O período de presentación de solicitudes finaliza o próximo 31 de marzo de 2015, aceptándose soamente solicitudes vía Correo Postal, con data de envío anterior ao 1º de abril de 2015, ao seguinte enderezo:

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)
Attn. Convocatoria de Beca de Huayu 2015
Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40, 36003 Pontevedra

Tlf: 986 35 72 38

A listaxe de preseleccionados publicarase antes do próximo 30 de abril de 2015. 

Convidamos por tanto a visitar a nosa web: www.igadi.org, para coñecer as modalidades e requisitos establecidos para a solicitude das bolsas Huayu 2015.