Cuba: actualizar o modelo económico

En Cuba, a Revolución deulle a volta á orde social estruturada no país. Producíronse dúas profundas reformas agrarias, en 1959 e en 1963, rexeitadas polo veciño anglosaxón, e as nacionalizacións da industria, da banca, do comercio, dos servizos, dos transportes... Unha política que culminou na derrota da invasión de Praia Girón (1961). A Revolución encamiñouse cara ao socialismo. A propiedade estatal sustentou o futuro socioeconómico de Cuba. A elección producía na Illa un salto no tempo. Ironías do destino,  o socialismo xurdía onde as condicións económicas non eran as máis propicias.

Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

En Cuba, a Revolución deulle a volta á orde social estruturada no país. Producíronse dúas profundas reformas agrarias, en 1959 e en 1963, rexeitadas polo veciño anglosaxón, e as nacionalizacións da industria, da banca, do comercio, dos servizos, dos transportes... Unha política que culminou na derrota da invasión de Praia Girón (1961). A Revolución encamiñouse cara ao socialismo. A propiedade estatal sustentou o futuro socioeconómico de Cuba. A elección producía na Illa un salto no tempo. Ironías do destino,  o socialismo xurdía onde as condicións económicas non eran as máis propicias.

Desde a perspectiva da dirección e da xestión da economía, é posíbel, por convención, subdividir ese proceso nas seguintes etapas: 1) a exploración dun camiño socialista propio; 2) a adecuación das experiencias socialistas europeas á realidade cubana (1976-1990); 3) Periodo especial en Tempo de Paz (1990-2006); 4) acordos do VI Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC) para Actualizar o Modelo Socialista.

  1. Explorando un camiño propio

Na conformación dun sistema de dirección e xestión económica, en Cuba danse diferentes momentos. A experiencia do Departamento de Industrias do Instituto da Reforma Agraria (INRA) serviu para conformar o Sistema de Financiamento Orzamentario,  xestado polo impulso e a coherencia insuflado polo Che. Ao crearse o Ministerio de Industrias (1961), estendeuse ao novo organismo.

O sector agropecuario, máis dependente de factores climáticos e de particularidades da produción vexetal e pecuaria, promoveu unha maior autonomía para os chanzos empresariais. Introduciu unha variante de cálculo económico (ingresos-costos+excedentes) e menor centralización. En ausencia de ganancias, o orzamento cubría as perdas. As súas pautas funcionaron de modo parcial e moi limitadas.

O carácter mixto da economía cubana (unidades agroindustriais, comercio maiorista e parte do minorista, bancos, transporte, etc.) estatais, cooperativas e un sector privado conformado por bodegas, kioscos, pequenos talleres, industrias artesanais, e produtores individuais no campo, formaron un mercado semicautivo, integrador das relacións entre os estratos produtivos. O consumo  normado de alimentos e outros bens (1962)  e a Ofensiva Revolucionaria (1968) eliminou a actividade privada e individual e quitoulle ao mercado  case todas as súas funcións económicas.

A mediados e fins de 1960, factores político-económicos distanciaron a  xestión e dirección económica. A produción de 10 millóns de toneladas de azucre (1964-1970) subordinou o esforzo organizativo e produtivo a ese propósito. O Partido e o Estado fusionáronse. Os ambiciosos programas económicos, máis a unión de partido e estado, pareceron consagrar a construción paralela do socialismo e o comunismo na sociedade cubana.

 En 1967,  o Sistema de Rexistro Económico eliminou os cobros e pagos nas empresas socialistas e, con eles, as relacións monetario-mercantís no estatal. A contabilidade empresarial case desapareceu. Os estudos contables foron reducidos. Os saltos produtivos non se conseguiron. En 1970 abriuse unha etapa de rectificación, fase que concluíu en 1975 cos acordos do I Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC).

  1. Bebendo do socialismo europeo

Desde 1976 introdúcese un Sistema de Dirección e Planificación da Economía (SDPE).  O seu núcleo duro partía da práctica económica dos países socialistas, en particular, os soviéticos. O SDPE baseouse na propiedade estatal sobre os medios de produción, o carácter de lei do desenvolvemento planificado, un plan único da economía nacional  e a planificación centralizada. En Cuba, propiedade estatal e socialismo encarnaron o mesmo ideal.

No entanto, a creación do SDPE, inicialmente,  achegou  efectos positivos na xestión e funcionamento da economía. Sobre todo, puxo orde na organización empresarial.

A mediados de 1980, as distorsións na economía anunciaron o colapso do SDPE antes de render plenos dividendos. Entre outros, tocou fondo a estratexia do crecemento extensivo, asociado a continuos aumentos do consumo enerxético, materias primas e acumulación baseadas en financiamentos  externos, en particular, da Unión Soviética. Afloraron desviacións económico-sociais, onde os aspectos monetario-mercantís foron absolutizados en detrimento dos non económicos. Foi menos funcional a independencia das empresas previstas no SDPE. No entanto, houbo importantes logros no desenvolvemento social, especialmente, en educación e saúde.

Abriuse unha revisión da política económica, dirección e xestión da economía, denominada Rectificación de erros e tendencias negativas. O reaxuste involucrou as empresas, sindicatos, Partido e os Comité de Defensa da revolución (CDR). Foron eliminados os mercados agropecuarios (MA), organizados os continxentes, colectivos laborais portadores de valores, conceptos e mecanismos renovadores, de incentivos ao traballo, de atención ás persoas. Foi potenciada a introdución da biotecnoloxía, da enxeñaría xenética e da microelectrónica. Revitalizáronse as microbrigadas para  construír vivendas e o traballo voluntario, e impulsáronse proxectos no  turismo e experimentos no sector empresarial.

Grosso modo, as limitacións intrínsecas no cálculo económico e a dirección centralizada da economía arrastrada desde 1960 no socialismo soviético-europeo, fundamento do SDPE , xunto coas súas incongruencias na versión cubana deron en crise. Como resultado, as existentes relacións monetario-mercantís formais, incluíndo outras pancas do Sistema, sufriron maior restrición. A maiores, significar a ausencia de avances  en deseñar un Modelo alternativo ao SPDE.                     

A caída do socialismo centro-este europeo  e a posterior desintegración da Unión Soviética borraron as condicións exteriores ás que se encadeou a economía cubana. Desde 1990, inicia a Illa un camiño inédito para o manexo económico,  despois de case trinta anos dunha case separación do mercado mundial.  Cuba, remontou a desfeita económica, na súa etapa máis dura, sen acudir á implementación de medidas de corte neoliberal.

  1. Periodo especial en tempo de paz

A partir de 1990, comezou o chamado Período Especial en tempo de Paz. Entre 1990 e 2011, por convención, distínguense catro ciclos.  O primeiro, até 1993, é o de administración da crise. O Produto Interno Bruto (PIB) caeu un 35% e as importacións un 88%. Todos os bens pasaron a racionamento,  conxeláronse os prezos e subsidiáronse as empresas con perdas. Fortaleceuse a prioridade á educación, saúde e seguridade social.

O segundo (1994-2002) é o de reanimación ou recuperación económica. A estratexia trazada respondeu ao dobre bloqueo: Estados Unidos (1960), afortalado coas Leis Torricelli e Helms Borton, e o axuste xeopolítico ao desaparecer o socialismo europeo e desmembrarse a Unión Soviética.

As medidas feitas para remontar a crise contaron coa tenencia de divisas, a aceptación como complemento do capital estranxeiro, a formación das Unidades Básicas de Produción Cooperativa (UBPC) por colectivos obreiros, a apertura dos MA e locais para a venda de bens artesanais e o traballo por conta propia (TCP). 

Creáronse o Banco Central (BC) e a Banca Comercial. O equilibrio financeiro interno logrouse con criterios sociais. No sistema tributario e de tarifas aduaneiras primou o interese social e económico. O orzamento do Estado  diminuíu o déficit até ao redor do 2%-3,5% do PIB. En alimentos, a libreta subvencionou bens que satisfacían para doce-catorce días as calorías e proteínas para unha familia.

Diferentes cadeas de tendas recadadoras de divisas ofrecen  produtos alimenticios e medios de hixiene persoal, roupa, calzado, útiles para o fogar, quincalla, ferraxaría, efectos electrodomésticos, material de oficina… Os Organismos de Administración Central do Estado (OACE) pasaron de cincuenta a trinta e dous. Xunto a unha maior descentralización e a reforma da Constitución da República (1992) consagráronse os cambios introducidos na economía.

O peso convertíbel (CUC) reemprazou os certificados-divisas que circulaban no país. Desde 1995 opera unha rede de venda-compra de CUC en pesos (CUB) pola Casa de Cambio S.A (CADECA). Hai dúas taxas de cambio. O sector empresarial cun CUB por un CUC, e 24-25 (CUB) por un CUC para a poboación ao vender-comprar respectivamente. Hai dous signos monetarios, un duro (CUC) e outro brando (CUB).

Experimentalmente, a xestión empregou o Perfeccionamento Empresarial (PE), método aplicado nas Forzas Armadas Revolucionarias (FAR). Os resultados foron pobres. En 2008, de 2.732 empresas existentes no país, só 797,  un 29% do total, estaban en PE. 

Entre 2003 e 2007 ten lugar o terceiro tempo do Período Especial.  Caracterizouno a Batalla de Ideas. A xestión empresarial e a dirección económica acentuaron a recentralización (comercio exterior) e  control directo dos recursos das empresas. O traballo por conta propia sufriu oscilacións e tendeu a reducirse.

O comercio exterior  elevou as exportacións de servizos (saúde, educación, deportes e outros) cara a Venezuela, reflectido positivamente no balance de conta corrente. Os elementos de mercado incorporados foron  impostos desde fóra ou forzosos, sen carácter integral ou institucional. A consigna: salvar a Patria, a Revolución e o Socialismo. Coidouse de non dotar de carácter irreversíbel os axustes puntuais. 

 

V

 

O trazo distintivo da cuarta etapa do Período Especial (2007-2014) foi recoñecer a necesidade de introducir cambios estruturais con sentido crítico e creador. O país estivo sometido ás inclemencias climáticas, a crises económico-financeiras internacionais, baixa de prezos de produtos exportábeis e restricións crediticias. Tampouco pode pasarse por alto a baixa eficiencia en desempeño da economía interna.

Nos cambios dados na Illa, un paso importante resultou o VI Congreso do PCC, en abril de 2011. Nas transformacións destacan: liberouse ao Consello de Estado (CE) de actividades alleas ás súas funcións; os traballadores sociais (Batalla de Ideas) pasaron ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social; a transmisión de vehículos e vivendas entre persoas naturais; unha nova regulacións sobre migración e, na Habana quedaron demarcadas, dúas provincias, Mayabeque e Artemisa, como zonas experimentais de esquemas organizativos máis racionais.

Datos de interese. En 2012, as actividades presupostas consumían as dúas terceiras partes, case o 40,9% do PIB. Habían 4,9 millóns de traballadores, dos cales o 40% (1,9 millóns) estaban en servizos comunais, sociais e persoais. Dun total de 10.556 entidades, 2.382 eran presupostas. No 2013, existían 2.472 empresas estatais; 30 Organizacións Superiores de Dirección Empresarial (OSDE), casa matriz dos grupos empresariais estales, atendidos polos ministerios;  2.000 Unidades Básicas empresariais (UEB), sen autonomía, unidas a corporacións verticalmente.  

A Actualización  prioriza a planificación, observando as tendencias do mercado; harmoniza maior autonomía para empresas estatais e desenvolver outras formas de xestión. A empresa estatal tomará as principais decisións estratéxicas e operativas, maximizar utilidades e acumular capital. En 2013, os traballadores privados eran 1 064 200 (21,6%) deles, campesiños e outros privados (60%) e TCP (40%). Os TCP, en (7/2014) chegaban a case 467.000, en 206 actividades.

Até 2013, as únicas cooperativas foron as agropecuarias. Autorizadas as cooperativas na produción e os servizos (2014) nun número de 498.   

Un 77%, actividades estatais entregadas a traballadores; un 23% formadas por empregados non estatais. A ausencia de profesionais no TPC (206), limita as cooperativas non estatais.   

Nos usufrutos de terras agrícolas, repartiuse un millón 700 mil Ha, cun 79% en explotación; existen preto de 200 mil usufrutuarios, cun 30%  menores de 35 anos. Os agricultores privados achegan 57% da produción de alimentos e 60% da masa vacúa..A distribución da explotación da terra en (%), en (2011-2014) tería un 17% estatal; 83% non estatal; 23% UBPC; 9%, cooperativas de produción agropecuaria (CPA) e 51% cooperativas de créditos e servizos e privados.

  1. Actualizar o modelo socialista

A Actualización do Modelo Económico prefigura un Socialismo Próspero e Sustentábel, integrado por unha economía mixta, con presenza de propiedade estatal, capital estranxeiro total, ou asociado con empresas nacionais, cooperativas agrícolas, de consumo e servizos e industriais, e propiedade non estatal, en diferentes manifestacións. Seguramente, o curso do VII Congreso do PCC, en abril de 2016, será escenario apropiado para un primeiro balance na consecución deses obxectivos.   

A síntese dos axustes económicos dados en Cuba nos últimos 25 anos, no chamado Período Especial, evidencia polo menos catro cuestións. Unha, o peso do modelo centralizado aplicado na Illa por trinta anos. Outra, a ausencia de relacións económicas que integren de forma institucional o mercado. Terceiro, toda medida, aplicada na  Actualización  levou unha ou máis presillas, mantendo o papel de control do Estado. Cuarto, como norma, primou o criterio pragmático-político-ideolóxico na súa concepción.