Kuchma, da polémica ás concesións

A confrontación entre a oposición e o presidente de Ucraína non afrouxa. O pasado mércores os parlamentarios escoitaron os informes policiais sobre os enfrontamentos violentos rexistrados o 9 de marzo, o aniversario do poeta nacional Shevchenko. Non se presentaron o ministro do Interior e o Fiscal Xeral e foron substituídos polos seus suplentes. O xefe do Servicio de Seguridade de Ucraína compareceu en persona para afirmar que segundo os datos obrantes no seu poder, aos participantes nos incidentes se lles adiantou diñeiro a conta, foron instruídos sobre como agredir aos policías, como conducirse en interrogatorios, e como mercar gasolina para fabricar cóctel Molotov. Ninguén sen embargo foi quen de explicar como e por que non se adoptaron medidas preventivas para evitar unha confrontación a todas luces posible.

O Foro de Salvación Nacional emitiu unha declaración recoñecendo a súa responsabilidade parcial polos enfrontamentos do 9 de marzo. O membro do Consello de Coordinación do Foro, Volodymyr Filenko, afirmou estar ao corrente de que se estaban preparando provocacións, pero fallaron á hora de tomar medidas de prevención. As voces da oposición aseguran dispor de elementos dabondo para asegurar que os enfrontamentos foron iniciados polas forzas da orde: a liquidación da “cidade de tendas” no centro de Kyiv, a concentración de policías arredor do monumento ao poeta nacional Taras Shevchenko pola ameaza dun atentado de bomba (e a pesar diso deixaron entrar ao presidente no recinto do monumento), a advertencia feita pola policía aos hospitais de que poderían chegar feridos o día 9 así como as lesións causadas durante a xornada a parlamentarios da oposición que previamente se identificaran.

Foi despois dos enfrontamentos cando as forzas da orde procederon a deter aos presuntos provocadores. Tendo en conta que para participar nas manifestacións achegaranse á capital moitos estudiantes de Lviv, donde o espíritu nacionalista está presente con máis forza, os policías detiñan na estación de ferrocarril a xóvenes que parecían estudiantes e falaban ucraíno (o cal debe semellar atípico en estudiantes kievitas). O feito de ter nos documentos de identidade Lviv como lugar de residencia era suficiente para ir a parar ás comisarías. Os estudiantes detidos estiveron dous días sen comida nin posibilidade de comunicar aos seus familiares o seu paradeiro. Para esixir a súa posta en en liberdade se concentraron en Lviv máis de 2000 persoas. Todos sairon sen inculpación ao igual que o líder da organización de nacionalistas radicais UNA-UNSO, A. Shkil.

O eco do acontecido en Ucraína traspasou as propias fronteiras. O Parlamento europeo emitiu unha resolución expresando a súa preocupación polos acontecementos do 9 de marzo. No texto faise mención ao feito de que as eleccións nas que saiu reelixido o actual presidente Kuchma non se celebraron con plenas garantías democráticas. Por outra banda, os Presidentes de Polonia e Francia xunto co chanceker de Alemaña (o chamado triángulo de Weimar), coa mesma preocupación pola precariedade democrática en Ucraína, expresaron o seu apoio ao presidente Kuchma.

Non obstante as concentracións de protesta fronte ao consulado xeral de Polonia en Lviv, en Polonia difundiuse unha entrevista do presidente polaco Kwasniewski, quen afirma que a cooperación estratéxica con Ucraína é o valor máis grande para Polonia. Aínda que Kwasniewski non realizou en público avaliación algunha dos feitos de Kíev, nas conversas bilaterais trataron das posibilidades de promover un diálogo aberto coa oposición. Facendo referencia á experiencia polaca, o primeiro país do bloque soviético que principiou a transición, Kwasniewski recomendou ao seu colega a celebración dunha mesa redonda coa oposición. Kuchma non nega esta posibilidade, pero unicamente con aqueles que respalden os principios básicos do Estado ucraíno e compartan a orientación estratéxica cara Europa. É xustamente a orientación cara Moscova de que acusa a Kuchma a oposición. Para o presidente non existe outra oposición que os comunistas, aos que gañou nasúltimas eleccións.

Kuchma insiste en afirmar que en Ucraína non existe unha crise política, pero no seu propio gabinete proliferan as incertezas. Agora circulan rumores sobre a dimisión do Ministro do Interior, Y. Krávchenko, unha das demandas centrais do movimento anti-Kuchma. Podería ser unha primeira concesión á oposición.

Mentres, no caso da desaparición do periodista opositor Gongadze, principal detonador da crise, non se rexistra ningún progreso. Proliferan os rumores de que foi asasinado por non pagar unhas débedas, aínda que os seus familiares negan a súa existencia. A comisión parlamentaria provisional que investiga o caso decidiu pedir ao FBI de EEUU que participe no peritaxe das gravacións efectuadas no seu despacho polo oficial da guardia personal do presidente e do cadavre atribuído ao xornalista desaparecido.