Europa : Apartado xeográfico

Artigos de opinião e análise relacionados com a Europa

ue glocal 2026 eng 1

O futuro da UE: Abordar o global desde o local

A tendencia á multipolaridade a nivel global, manifestada a través da fragmentación das cadeas de valor, da transformación dixital, da configuración de tecnoestruturas con soberanía ancorada en diferentes territorios, ou na pugna polos recursos enerxéticos fai preciso que Europa reforce a súa presenza, cohesión interna e soberanía a escala global. Ao mesmo tempo, e de forma paradoxal, unha boa parte da súa capacidade para responder a estes desafíos depende do que ocorre en territorios concretos: cidades, áreas metropolitanas, rexións, espazos rurais, universidades, empresas e comunidades locais.

O futuro da UE: Abordar o global desde o local Read More »

Liñas de investigación Economia União Europeia
Apartados xeográficos Europa
ue glocal 3 futuro

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición

A UE desde unha perspectiva glocal é un espazo de referencia para reflexionar sobre a interacción entre o ámbito local e o escenario internacional da UE, un proxecto único na súa especie. Segundo o dicionario de Oxford, glocal defínese como aquel ‘que fai referencia tanto a factores globais como locais ou que reúne características de ambas realidades’.

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición Read More »

ucraina

Ucraína: é de agardar que a guerra dure máis

O 14 de setembro de 2026, Donald Trump anunciou na rede social Truth Social que Ucraína e Rusia terían supostamente acordado unha moratoria mutua sobre os ataques á infraestrutura enerxética. Esta declaración non se fixo en absoluto por preocupación ante a incesante escalada dos ataques rusos contra infraestruturas e obxectivos civís, nin pola extrema gravidade da ameaza para a supervivencia da poboación ucraína o vindeiro inverno, senón principalmente debido a necesidades de política interna nos EUA.

Ucraína: é de agardar que a guerra dure máis Read More »

Apartados xeográficos Europa
Mercosur UE 2

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia

O pasado 1 de maio de 2026 comezouse a aplicar o Acordo Interino de Comercio entre a Unión Europea e o Mercosur despois de máis de vinte e cinco anos de negociacións. A parte comercial do acordo xa opera mentres o Acordo de Asociación, que inclúe tarefas como o diálogo político e a cooperación agarda aínda co visto bo por parte da Eurocámara a cal ten aínda vinte e sete ratificacións nacionais. Namentres Galicia sigue pendente dun mercado do cal vende pouco e teme moito do que chega del.

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia Read More »

ucraina

A independencia de Ucraína: 35 anos superando decepcións

A proclamación da independencia actual de Ucraína foi un acto do Parlamento ucraíno —un órgano instituído aínda baixo o marco do Estado soviético— facendo uso da cláusula formal da Constitución da URSS que outorgaba ás Repúblicas Socialistas Soviéticas o dereito a saír da Unión, unha disposición que poucos imaxinaron que chegaría a materializarse. O movemento nacional, aínda que lograba mobilizar á poboación nas rúas, carecía da organización e da definición doutrinal suficiente, quedando relegado a un segundo plano na toma de decisións estratéxicas sobre o destino do país.

A independencia de Ucraína: 35 anos superando decepcións Read More »

Apartados xeográficos Europa Rússia
drons

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína.

Cando en febreiro de 2022 deu comezo o que o presidente ruso Vladimir Putin denominou eufemísticamente «Operación Militar Especial» (OME), e que se traduciu na ocupación (a segunda dende 2014) de territorio soberano da República da Ucraína, moitas cousas cambiaron. Unha delas foi a reestructuración das arquitecturas de combate vixentes ata a data. O emprego de drones alterou completamente o teatro de operacións desbaratando o equilibrio de forzas.

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína. Read More »

Apartados xeográficos Europa
ucraina

O sinuoso camiño de Ucraína cara á UE: Entre o rigor técnico de Bruxelas, as tensións bélicas e a deriva autocrática de Kíiv

En xullo de 2026, o proceso de integración de Ucraína na Unión Europea deixou atrás a época das meras declaracións políticas para adentrarse nunha fase de negociacións técnicas profundas e, por forza, complexas. Este avance prodúcese nun escenario sumamente adverso: Ucraína vese obrigada a librar unha guerra pola súa supervivencia, a preservación da súa independencia e a restauración da súa integridade territorial. Paradoxalmente, foi precisamente este anhelo de integración europea un dos detonantes que empuxou á Federación Rusa a lanzar a súa invasión a gran escala en febreiro de 2022.

O sinuoso camiño de Ucraína cara á UE: Entre o rigor técnico de Bruxelas, as tensións bélicas e a deriva autocrática de Kíiv Read More »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A iniciativa Cities4Cities: mobilización de instrumentos internacionais para a resiliencia urbana durante o conflito

Aínda que a literatura sobre diplomacia de cidades tende a representar as autoridades locais como mediadoras pasivas do diálogo transnacional en contexto bélico, a práctica revela unha dinámica ben distinta: as urbes constrúen nós activos de resiliencia, activando redes e oportunidades transnacionais que sosteñen o desenvolvemento local no día a día á vez que proxectan horizontes de futuro.

A iniciativa Cities4Cities: mobilización de instrumentos internacionais para a resiliencia urbana durante o conflito Read More »

ucraina

Ucraína-Polonia: unha disputa non apropiada entre veciños fronte a un inimigo común

A recente escalada de tensión diplomática entre Ucraína e Polonia representa un preocupante síntoma de como a política da memoria pode secuestrar a racionalidade estratéxica. A decisión sen precedentes do presidente polaco K. Nawrocki de desposuír a V. Zelenskyi da máxima condecoración de Polonia, seguida dunha devolución solidaria de medallas por parte de altos cargos e militares ucraínos, transformou unha discrepancia histórica nunha crise de alcance xeopolítico. No quinto ano dunha guerra de supervivencia contra a agresión rusa, reabrir as feridas do pasado non só é inoportuno, senón destrutivo. Desviar a atención do estratéxico para enfrontarse en disputas veciñais arrisca tanto a seguridade militar como a integración europea de Ucraína, demostrando que os erros do pasado non poden xustificar a miopía do presente.

Ucraína-Polonia: unha disputa non apropiada entre veciños fronte a un inimigo común Read More »

Apartados xeográficos Europa