Morre Teorí Zavascki, relator da Operación Lava-Jato no Supremo Tribunal Federal

No final da tarde de onte (19 de Xaneiro), as televisións brasileiras foron invadidas por unha fatídica noticia: un avión caira nas augas do mar da rexión de Paraty (Estado do Río de Janeiro), e na lista dos ocupantes do avión estaría presente o ministro do Supremo Tribunal Federal, Teori Zavascki. Poucas horas despois, a noticia foi confirmada e todo un clima de desconfianza, descrencha e medo tomou conta do país, ademais do xa característico negativismo e conturbado momento que atravesa Brasil.

Liñas de investigación Observatório Galego da Lusofonia
Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

No final da tarde de onte (19 de Xaneiro), as televisións brasileiras foron invadidas por unha fatídica noticia: un avión caira nas augas do mar da rexión de Paraty (Estado do Río de Janeiro), e na lista dos ocupantes do avión estaría presente o ministro do Supremo Tribunal Federal, Teori Zavascki. Poucas horas despois, a noticia foi confirmada e todo un clima de desconfianza, descrencha e medo tomou conta do país, ademais do xa característico negativismo e conturbado momento que atravesa Brasil.

Teori Zavascki foi indicado por Dilma Rousseff para a praza vacante do ex-ministro Cezar Peluso en 2012 e desde entón demostrara grande discreción e moita seriedade na execución de seu cargo. Pero o que fai que súa morte en circunstancias aínda non analizadas se torne un dos principais temas en debate no día de hoxe se debe ao feito de que Teori, como relator da operación Lava Jato, era responsábel da homologación de centos de delacións que en pouco tempo tornaríanse públicas poñendo en cuestión todo o sistema político brasileiro. Cabe mencionar que o propio presidente en exercicio Michel Temer podería estar citado nesas delacións.

A postura de Teori na condución da operación Lava Jato, a despeito dos intereses partidarios, sempre demostrouse ríxida e de acordo coa lexislación brasileira. A pesar de concordar con grande parte das accións e actitudes do xuíz federal de primeira instancia Serxio Moro, Teori non lle poupou criticas canto a seus supostos excesos, e cando audios persoais de chamadas telefónicas do ex-presidente Lula e a entón presidente Dilma foron baleiradas a prensa, Zavascki anulou o valor deste audios como probas dentro do proceso xudicial en curso. Esa posición, totalmente de acordo co que estabelece a Constitución Brasileira, foi criticada pola organización dos actuais movementos de contestación política e principais responsábeis polas protestas pró-impeachment no ano pasado. Cando da decisión de Zavascki de quitar de Serxio Moro a investigación contra Lula, un destes movementos, o Movemento Brasil Libre (MBL), organizou unha forte protesta fronte á casa do Ministro no Río Grande do Sul, momento no cal o propio fillo de Teori publicou en seu Facebook que se algo pasara coa súa familia, todos xa estaban avisados e saberían onde procurar.

A morte do ministro, que decidira volver de vacacións máis cedo para acelerar o ritmo da homologación das chamadas delacións do fin do mundo, aínda está envolta de misterios. Sábese que o avión King Air C90GT de 2006, de pertenza do grupo Emiliano, estaba en perfectas condicións e con todos seus documentos regularizados. No accidente morreron tamén Carlos Alberto Fernandes Figueiras (69), amigo de Teori e un dos donos do grupo Emiliano, o piloto Osmar Rodrigues (56) e Maira Ilda (23), masoterapeuta que prestaba servizos a Carlos Alberto, e súa nai María Ilda (55).  Segundo a Forza Aérea Brasileira (FAB), non se sabe aínda se o avión posuía caixa preta, o que en caso negativo, pode dificultar as futuras investigacións.

Por fin, a pesar de non ser prudente trazarmos teorías de conspiración, resulta relevante mencionar que este non é o primeiro accidente aéreo dunha figura política de importancia ou con potencial de grandes cambios no sistema política brasileiro.  Nesa extensa lista, están presentes: o ex-deputado Ulysses Guimarães, Presidente da Asemblea Nacional Constituinte que promulgou a Constitución Federal de 1988, poñendo fin ao réxime militar, e tamén principal articulador do impeachment do ex-presidente Fernando Collor de Mello, morreu en un accidente de helicóptero, ata hoxe pouco explicado, en rexión próxima ao accidente de Teori (Angra dos Reis-RJ); Eduardo Campos, forte presidenciábel das eleccións de 2014, morreu poucos meses antes das eleccións en accidente aéreo en circunstancias tamén non clarificadas. Tamén nun accidente aéreo mal explicado, o primeiro presidente da Ditadura Militar, Humberto de Alencar Castelo Branco, morreu en 1967.

En relación á continuación do traballo que desenvolvía Teori, existen dúas posibilidades segundo  o regulamento do Supremo Tribunal Federal. Unha sería a transferencia da función de relator para o seu sucesor (art. 38) e outra, de carácter excepcional, sería a redistribución da función para outro ministro xa presente no tribunal. En posición delicada, cabe esperar cal será a indicación do presidente en exercicio Michel Temer, así como da presidenta do STF, Carmen Lúcia.