O Estado Islámico directo ó corazón

Hoxe máis que nunca, Tunisia é un símbolo. Un exemplo de democracia no "mundo árabe". Un país capaz de reinventar o concepto de "revolución", tendo expulsado a un ditador, Zine El Abidine Ben Alí, e encontrando vías de concertación entre islamitas e demócratas. Tunisia foi o berce da "revolución xasmín", que derivou na chamada "primavera árabe", presentándose diante do mundo coma un Estado musulmán que ten sabido dotarse dunha moderna Constitución. O único país da rexión non sometido ó ditado dun exército que decide quen manda e quen non. O único en dotarse dun presidente republicano democraticamente electo, saído das furnas. O único en garantir, xa desde os tempos de Habib Bourguiba, grande artífice da independencia tunesina e das institucións aínda hoxe en liza, a completa igualdade de dereitos entre homes e mulleres. E como tal, Tunisia supón unha ameaza, un contra-modelo ó Estado Islámico, que ve na pequena república norteafricana un insoportable referente nas antípodas do seu proxecto totalitario.

Apartados xeográficos África
Idiomas Galego

Un atentado de francotirador dirixido contra unha nación, a súa economía e o seu sistema político, contra un símbolo, contra un país que se consolida como proba patente de que a democracia é posible, e non culturalmente incompatible, co islam

Desde o 14 de xaneiro de 2011, cando dan comezo as mobilizacións no país, tralo acto de desesperación dun mozo vendedor ambulante, Mohamed Bouazizi, quen se queima ó bonzo desatando unha onda de protestas sen parangón na rexión, Tunisia tense erixido no corazón do "mundo árabe". É precisamente ese corazón o que os yihadistas quixeron golpear. Un atentado nun lugar de cultura, asasinando a turistas, que son o osíxeno da economía tunesina, e a apenas uns metros da Asemblea Nacional, símbolo por excelencia da soberanía popular. Un atentado de francotirador dirixido contra unha nación, a súa economía e o seu sistema político, contra un símbolo, contra un país que se consolida como proba patente de que a democracia é posible, e non culturalmente incompatible, co islam.