Obama regula os mercados

Nos últimos oitenta anos, a reforma que vén de aprobar a Cámara de Representantes dos EE UU, é a máis importante. É certo que non conseguiu Obama o cen por cen das súas propostas, pero iso é o lóxico nun proxecto de semellante envergadura como o que foi aprobado.

Apartados xeográficos Estados Unidos
Idiomas Galego

Nos últimos oitenta anos, a reforma que vén de aprobar a Cámara de Representantes dos EE UU, é a máis importante. É certo que non conseguiu Obama o cen por cen das súas propostas, pero iso é o lóxico nun proxecto de semellante envergadura como o que foi aprobado.

Ten razón na síntese que o propio Presidente fixo da lei aprobada: “Esta reforma é boa para as familias, boa para as empresas e boa para a economía”. E aínda poderiamos engadir que é boa para os demais países, porque non poderán en diante esquecer o esencial desta reforma nas súas lexislacións.

Moi en síntese –a Lei ten 2.300 páxinas-, regúlanse  a prevención do risco sistémico, baixo un consello de vixilancia da estabilidade financeira, así como a neutralización dos establecementos “too big to fail”: o Estado non asumirá a quebra das entidades, senón unha compañía federal de seguros de depósitos bancarios.

A limitación das actividades especulativas dos bancos, facer transparente a mercado opaco dos produtos derivados –entre os que se atopan os chamados créditos subprimes, orixe da catástrofe financeira na que aínda estamos- e protexer aos consumidores das malas prácticas bancarias, son as demais achegas da normativa aprobada.

É certo que non se conseguiu o chamado imposto á banca, co que se poderían ter recadado 19.000 millóns de dólares ao ano; pero non hai a menor dúbida do éxito do Presidente, que se suma ao obtido coa reforma sanitaria. E, como xa suxeriamos, esta reforma levará a que outros países fagan as súas propias regulacións bancarias.