Ucraína: adeus definitivo ós kolxoses

Pasado un ano dende que se produciu a primeira lectura do Código de Terra, o parlamento de Kiev logrou aprobalo o 25 de outubro pasado poñendo fin ó sistema comunista no campo. A fracción parlamentaria do Partido Comunista, que conta con 113 membros (dos 450 parlamentarios), se esforzou por imposibilitar esta segunda votación pendurando carteis de propaganda na sala de sesións e bloqueando a tribuna ata conseguir estropear o micrófono do presidente da sesión. Sen embargo, este insistiu que a votación se fixese de todas maneiras.

Os partidarios do Código de Terra congregaronse entón nunha sala de reunións no edificio do parlamento e votaron con papeletas. Momentos máis tarde irromperon alí os comunistas, escanastraron a urna e roubaron as papeletas. Non obstante, a votación se volveu a repetir e non hai dúbidas que esta vez será ratificada pola sinatura do Presidente de Ucrania (non o fixo coa votación do ano pasado posto que os comunistaes afirmaban que os resultados estaban falsificados pola maioría, que non era de esquerda).

A introducción do Código abrirá unha segunda etapa da reforma agraria. A primeira consistía principalmente na disolución dos koljoses (granxas colectivas) que eran a principal forma de empresas agrícolas na época soviética (a propiedade delas era indivisible pero non era do Estado senón dos membros do koljos en conxunto)Incluso nos fertílisimos solos de Ucraína amosaran a súa ineficacia económica. Agora, cada campesiño recibiu a sua porción da terra e dos bens dos koljoses. Dado que estes recursos estaban destinados a soster un proceso productivo a grande escala, a súa disgregación, inevitablemente, non vai atopar formas adecuadas de viabilización: ¿como, por exemplo, podían repartirse tractores potentes, incapaces de operar nas novas parcelas individuales?

Debido á subsistente estructura do sector agrícola, a incapacidade material e sicolóxica dos recentes koljosianos para labrar a terra individualmente, a maioría dos campesiños unironse en novas empresas agrícolas colectivas. Sen embargo, non hai volta atrás para o sistema estancado de koljoses e o poder case ilimitado dos seus presidentes, de feito non elixidos libremente senón designados polos órganos do Partido Comunista. A pesar de considerables dificultades o sector agrícola rexistrou no ano pasado un aumento importante, case do dobre, e os productos nacionais cunha variedade e calidade nunca vistas, reemprazaron os productos importados que invadiran o mercado ucranio nos anos noventa.