O caso o xornalista desaparecido, Gongadze, está esclarecido, afirmaban a pasada semana o ministro do interior e o seu suplente, ante a incredulidade dunha opinión pública acostumada en exceso ós desacertos das autoridades. Segundo a versión oficial, a morte de Gongadze pudo deberse a unha gamberrada ou a un atraco por parte de drogadictos (quen por certo, non lle roubarían os adornos de prata que levaba consigo).
Salvo nese detalle (gamberrada ou atraco), en todo o demais coinciden as versións. Tamén na propia inverosimilitude do asegurado novamente polas autoridades. Ao parecer, coñecen aos dous autores do crime: cando exhumaron os cadavres de dous criminais atoparonlles un esquema do lugar donde soterraron ao xornalista. Incluso hai un par de meses que foron detidos os asasinos dos asasinos.
Ao día seguinte, a Fiscalía Xeral saía á palestra para afirmar que o Ministerio do Interior non é quen para facer esas afirmacións, pois carece de competencia dado que a instrucción do caso está en mans da autoridade xudicial e esta carece de datos fundamentados sobre os autores.
Curiosamente, a prensa local, na súa inmensa maioría acrítica co Presidente Kuchma, non se deron presa en publicar tan sensacional noticia, optando por novas de maior importancia para o seu público lector. O prestixioso semanario independiente "Dzérkalo tyzhnia" formulou asi a cuestión: "En Ucraína sempre jaberá dous cadavres para tapar a responsabilidade polos crimes non esclarecidos.
A pesar da grave crise producida a consecuencia deste crime, do que a oposición insiste en responsabilizar ao Presidente Kuchma, éste parece manter estables as súas posicións, confiado e impertérrito, mesmo a pesar de non atopar aínda un substituto para Yúschenko e carecer de goberno.
Despois de consultar cos líderes das fraccións parlamentarias, adiantou os nomes de dous candidatos: o viceprimeiro ministro Tyhypko (procedente, ao igual que Kuchma, do centro industrial Dnipropetrovsk, o berce de dirixentes da Ucraína dos tempos soviéticos) e ao presidente da Asociación de Industriais e Empresarios Kínakh (a política de Kuchma favoreceu a reconversión de moitos antigos "directores vermellos" en empresarios privados).
Algúns analistas comentan que o novo goberno non se formará antes de xullo. Sen embargo, o líder da Unión Democrática, Volkov (quen dirixiu a campaña electoral do Presidente e enfrontado a Gongadze por publicar informacións sobre as falsificacións electorais pouco antes da súa desaparición) xa iniciou a rolda de consultas para a a distribución das carteiras ministeriais.