De Shevchenko a Kuchma

Como nos remotos tempos soviéticos, este nove de Marzo, aniversario do gran poeta ucraíno Tarás Shevchenko, resultou unha xornada de alerta especial para as forzas de seguridade. Naquel entón vixiaban aos estudiantes de conviccións nacionalistas que trataban de homenaxear a ese personaxe emblemático da nación ucraína á marxe das conmemoracións oficiais. Desta vez fixeron todo o posible para non permitir que os nacionalistas impediran a homenaxe programada do presidente Kuchma, a quen consideran indigno de tal cerimonia.

Preto de dous mil policías cercaron o parque "Shevchenko" fronte á Universidade de Kyiv a partir das dúas da madrugada. A hora exacta do acto oficial non foi comunicada ata o último momento. Unicamente despois da súa celebración, a policía deixou paso a unha columna de preto de mil opositores que retiraron as flores depositadas polo Presidente e as pisaron "limpando" así a Shevchenko de Kuchma.

Logo de celebrar un mítin se dirixiron polas rúas céntricas facendo paradas fronte ao Parlamento, o Gabinete de Ministros, o Ministerio do Interior e a Administración Presidencial. Aquí chegaron a concentrarse ata unhas dez mil persoas partidarias do movemento "Ucraína sen Kuchma". Algunhas tiraron ovos podridos e pedras contra a sede presidencial. O cordón de dúas fileiras de policías se mantiña impasible ata que un grupo de manifestantes conseguiu desmantelar unha rexa metálica e trataron de utilizala como como ariete. A policía arremeteu con porras e gas lacrimóxeno. A pelexa durou unha hora mentres que os coordinadores da manifestación trataban de calmar aos máis exaltados. Finalmente, os manifestantes se retiraron ata a praza central da cidade donde celebraron un mitin.

Pola tarde as forzas da orde asaltaron a sede da organización de nacionalistas radicais UNA-UNSO e detiveron a preto de 100 afiliados. Tamén se produciron detencións na Estación de Ferrocarriles entre os participantes chegados doutras ciudades, identificados pola policía a través de grabacións de video feitas durante os enfrontamentos. Segundo o portavoz oficial do Ministerio do Interior, a maioría dos 212 detidos serían procesados en vía administrativa, impoñéndoselles multas pecuniarias; máis de 100 quedaron en liberdade ás poucas horas, pero outro tanto permanecía en dependencias policiais mentres se investigaba a súa implicación nalgún delicto.

Descoñécese o saldo exacto de feridos nestes enfrontamentos. A intervención das forzas da orde non estivo exenta de brutalidade, incluso causaron danos a dous deputados do Parlamento que deberon ingresar nun Hospital por mor das fortes conmocións. O mesmo día 9 a policía comunicou que 12 axentes resultaron feridos, cifra máis tarde elevada ata 70. Sen embargo, se extende a versión de que os enfrontamentos foron provocados por axentes vestidos de paisano.

Despois destes violentos acontecemeentos o Presidente Kuchma, nunha entrevista concedida á revista semanal xermana "Focus", insistía en negar a existencia dunha crise política no país. Na súa opinión, os milleiros de manifestantes non contaban contra os 16 millóns de votos emitidos durante a súa reelección. A todo isto, suponse que o desaparecido periodista Gongadze foi asasinado por atreverse a publicar datos fidedignos das falsificacións cometidas durante o escrutinio.