Máis OTAN en Europa

En 1989, coa caída do muro de Berlín, cabería imaxinar a posibilidade de abrir o camiño a un proxecto europeo menos militarista, máis aberto, máis plural, democrático e seguro. Pero a construcción de Europa concebida como unha casa común desde o Atlántico ata os Urais non pasou siquera a proba da adquisición do solar.

En vésperas da reunificación alemana, a retirada de tropas de Alemania Oriental e a liquidación do Pacto de Varsovia tiñan como contrapartida o compromiso occidental de que a OTAN non avanzaría un solo metro cara o Leste. Aquel pacto sen embargo axiña quedou en nada e o subscrito o pasado ano por Rusia coa Alianza, que parece excluir sobre todo a posibilidade dunha ulterior ampliación a algún país membro da Confederación de Estados Independentes, pode seguir o mesmo destino.

Máis alá das hipotéticas diferencias entre Washington e París a propósito do mando sur da Alianza, o principal problema suxerido pola ampliación consistía ó parecer en "tranquilizar" a Rusia, en evitar que se sentira víctima dun novo cerco auspiciado desde o mundo occidental. Os esforzos, sen embargo, tampouco terían por qué ser necesariamente sobrehumanos.

Neste contencioso, Rusia limitouse a desempeñar o seu papel. Podía preveerse quizáis unha escenificación máis tensa ou a esixencia de maiores contrapartidas. A xulgar pola amplitude do coro de protestas e de argumentos anti-ampliación, poidera pensarse que Ieltsin xa non se contentaba con resucitar o imperio (aínda que para iso necesitara non deixar pedra sobre pedra en Chechenia) ou reconstruir a Unión (mediante o acordo con Belarús, fronteiriza coa Polonia pro-OTAN do socialdemócrata Kwasniewski), senón que mesmo estaba disposto a reinventar la "paz" fría. Pero as declaracións de Ieltsin confirmaron unha vez máis que a oposición dos actuais dirixentes rusos á ampliación da OTAN ó Leste nunca foi sólida. As necesidades da complexa política interna rusa impoñían nesta, como en tantas outras cuestións, a adopción dun dobre discurso marcadamente oportunista.

Todos en Rusia son plenamente conscientes de que difícilmente poderían impedir a ampliación. A debilidade do seu Estado é demasiado evidente. A economía, a sociedade, o medio natural, todo está en bancarrota. O propio Exército sobrevive en condicións tan calamitosas que non resulta esaxerado diagnosticar como de descomposición. O mismísimo xeneral Lev Rojlin, actual presidente do Comité de Defensa da Duma, recoñecía esta circunstancia nun documento dirixido ó Presidente ruso responsabilizandono de non ter feito absolutamente nada nos seus sete anos de presidencia por reforzar a seguridade militar do país.

Ieltsin en modo algún é alleo a tal estado de cousas. A tarea de liquidación da capacidade real e operativa das forzas armadas e a súa substitución por múltiples guardas pretorianas que colocaran a bo recaudo as súas anchas espaldas, formou parte da súa axenda para a estabilidade política. Todo culminou coa humillación sufrida en Chechenia.

Certo é que Ieltsin debe satisfacer un prezo pola masiva e xenerosa intervención occidental en apoio da súa candidatura nas eleccións presidenciais. Pero non soamente se trata diso. Borís Nikolaievich foi siempre, e moi especialmente no derradeiro periodo do mandato de Gorbachov, o principal puntal de Occidente no Kremlin e non existen motivos para que se desvie do camiño trazado. En boa medida, debe o seu poder a esa OTAN que lle axudou ¿ou dirixiu?) a pilotar a desintegración da URSS, a eses socios que lle redactaban os decretos que imporían as reglas de mercado na Rusia post-soviética, ós especialistas en marketing e estratexias electorais que tan eficazmente contribuiron a revitalizar a súa deteriorada imaxe. É máis, despois do múltiple asesoramento facultativo prestado durante a súa operación de corazón, case poderia dicirse que lles debe a propia vida. É, en verdade, para estar agradecido.

Pero por máis membros que coopte a OTAN, non quedará máis definido o papel dun instrumento que xurdiu para satisfacer unhas necesidades determinadas nun contexto histórico concreto hoxe inexistente.

Coa ampliación tampouco se mellora a defensa ou a seguridade de Europa. Moi ó contrario, como tan ben sinalaba o historiador Gabriel Jackson, "estamos volvendo a crear condicións paranoicas ó transformar unha alianza defensiva nunha nova liña divisoria movible dentro de Europa".

É dificil comprender o por qué de tanto empeño en adaptar, reestructurar, salvar en definitiva, tan evidente reliquia da guerra fría. Non é posible que a OTAN do século XXI funcione cos mesmos parámetros dos anos cincuenta do presente século nin tampoco doado atoparlle un sentido nun marco de crecente complexidade que esixe dos Estados poñer o acento no estimulo de políticas preventivas e de mantemento da paz e que, pese ós esforzos dos últimos anos, non constitúe nin ó parecer, constituirán o corazón desta organización.

Pola contra, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) debera incrementar o seu protagonismo político e defensivo na nova complexidade europea asentando os cimentos dunha nova orde de seguridade que dera carpertazo a unha época que non acabamos de despedir suficientemente.