xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro. 

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

O mércores 23 de febreiro do 2021, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A normativa contou co apoio do Partido Popular, mentres que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) se abstivo e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) votou en contra.

Galicia: unha estrela sen firmamento

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Un diario de Santiago pediume nunha ocasión unha definición de Galicia. Un pouco á brava, dixenlle que para min era "unha estrela sen firmamento". Creo lembrar que non gustou. Non era iso o que buscaban. Acostumamos preferir as definicións "con" ás "sen". Neste caso, probablemente algo máis publicitario. Eu dicíao non no sentido de laiamento senón con vocación autocrítica e construtiva, apuntando a un vector que considero esencial nesta transición global da que formamos parte.
Zhou Enlai, Mao Zedong e Zhu De na Longa marcha.

A Longa Marcha, mito fundacional da China contemporánea

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Hai noventa anos, en outubro de 1936, as principais forzas do Exército Vermello chinés culminaban unha das retiradas militares máis extraordinarias do século XX. A Longa Marcha deixaba tras de si milleiros de quilómetros, combates, fame, frío e perdas humanas inmensas. O Partido Comunista de China (PCCh), que chegara a estar ao bordo da destrución, sobrevivira. O que comezara como unha retirada estratéxica acabaría convertido nun dos grandes mitos fundacionais da revolución chinesa e nunha referencia permanente da súa cultura política.
Na fotografía, Ramón Villares, presidente do CCG da altura, con Nélida Piñón e Xulio Ríos, na altura coordinador da Comisión de Acción Exterior. Foto: 2013

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Nun mundo marcado pola aceleración tecnolóxica, a competencia xeopolítica e a crecente concentración do poder cultural en poucas plataformas globais, a internacionalización dunha cultura como a galega deixou de ser unha aspiración para converterse nunha necesidade estratéxica. A acción exterior non constitúe un complemento das políticas culturais pois, en realidade, é unha das condicións da súa propia viabilidade.
O último libro de Xulio Ríos foi publicado por Txalaparta o pasado 2 de setembro. Podes conseguilo en www.txalaparta.eus

Que pode aprender Galicia da modernización chinesa?

Son moitas as distancias que separan Galicia de China: de escala, históricas, culturais, demográficas, económicas ou sistémicas. Comparar unha comunidade autónoma europea de pouco máis de dous millóns e medio de habitantes coa segunda economía mundial podería parecer, por iso mesmo, un exercicio pouco razoable. E, tampouco se trata agora de propoñer para Galicia unha traslación do modelo político ou institucional chinés.
O último libro de Xulio Ríos foi publicado por Txalaparta o pasado 2 de setembro. Podes conseguilo en www.txalaparta.eus

A longa modernización chinesa

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Moito se comenta ultimamente sobre os avances tecnolóxicos da China, xa nos refiramos á intelixencia artificial, á robótica, aos humanoides ou ás novas enerxías. Son, sen dúbida, unha evidencia do moito que ten avanzado o país en materia de modernización. Mais compre lembrar que esta transformación non é resultado apenas das últimas décadas de reformas, senón o episodio máis recente dunha procura moito máis longa.
Logotipo do IGADI (versión azul)

35 anos pensando o mundo desde Galicia

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) cumpre 35 anos. É un longo percorrido no que ten acreditado a súa condición de think tank especializado na análise internacional e na proxección exterior de Galicia. Tres décadas e media dedicadas a observar, interpretar e explicar as transformacións do mundo, pero tamén a defender esa idea que segue a ser plenamente actual de que Galicia necesita instrumentos propios para pensar o mundo e para pensarse a si mesma no mundo.

China no imaxinario literario galego contemporáneo

A presenza de China na literatura galega contemporánea é, en termos cuantitativos, modesta, pero resulta reveladora desde unha perspectiva cualitativa. Ao contrario do que acontece noutras tradicións literarias europeas, onde China foi construíndo un espazo propio no imaxinario literario desde o século XIX, a literatura galega apenas lle dedicou unha atención sostida. Cando aparece, faino adoito como espazo de alteridade, como escenario dunha experiencia viaxeira, como metáfora dunha transformación global ou, máis recentemente, como interlocutor dunha Galicia cada vez máis consciente da súa inserción internacional.

SAIC con C de Castedo

Galicia e China non comezan a coñecerse coa chegada dos investimentos do século XXI. Eses proxectos aséntanse sobre unha historia máis longa de curiosidade intelectual, respecto mutuo e cooperación. Hoxe, a memoria de José Castedo Carracedo (1914-1982) pode inspirar unha nova etapa na que a colaboración industrial e tecnolóxica se apoie tamén nun coñecemento recíproco máis profundo.