foto antia

Cañizo Blanco, Antía

Coruñesa, estudante de segundo curso do grao de Relacións Internacionais na Universidade da Coruña, con especial interese na cooperación internacional para o desenvolvemento e políticas globais


Artigos de Cañizo Blanco, Antía

Bandeira da Unión Europea

De Copenhague a Kiev: os criterios de adhesión e o caso ucraíno

Este artigo enmárcase nunha iniciativa conxunta entre o IGADI e o alumnado de segundo curso do Grao en Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. No marco desta actividade, o estudantado da materia “Institucións e Políticas da Unión Europea” no curso 2024/25 tivo a oportunidade de presentar entradas de blog sobre o tema “Ampliación da Unión Europea & Ucraína”. O IGADI seleccionou catro destas propostas para as publicar, atendendo a criterios de calidade, orixinalidade e adecuación á súa liña editorial. O propósito desta colaboración é achegar o alumnado á dinámica de traballo dun think tank, brindándolle unha plataforma para poder expresar os seus puntos de vista sobre cuestións clave das relacións internacionais contemporáneas e compartilas cun público máis amplo. Ademais, a iniciativa busca subliñar a importancia de pensarmos as relacións internacionais e o proceso de integración europea dende unha perspectiva galega, en sintonía co lema da UE: unida na diversidade.