“Los Juegos Olímpicos en la era pandémica: Intercambio humanístico y comunicación mutua entre China y el mundo”

“Os Xogos Olímpicos na era pandémica” unha reflexión coral sobre o impacto de Beijing 2022

  • O documento é unha reflexión colectiva chinesa-iberoamericana, impulsada polo Institute for China-LAC-People to People Exchange (ICLPE desde agora) (Jiangsu, RP China) coa colaboración do IGADI (Galicia, España), arredor da nova imaxe internacional do país e a diplomacia olímpica. 
  • Na obra reflexionan sobre os Xogos Olímpicos de Beijing 2022 vinte autores, trece desde a China e sete desde o ámbito iberoamericano, destacando Brasil, Arxentina, México, Colombia, España ou Galicia. A publicación conta con artigos en castelán, portugués e galego, arredor do impacto dos Xogos Olímpicos de inverno de Beijing 2022.
  • Pódese descarregar gratuitamente na seguinte ligazón.
Palabras chave China Galicia internacional

No contexto da lóxica do traballo conxunto de máis dunha década entre o ICLPE e o IGADI, publícase en edición dixitial a obra colectiva: “Los Juegos Olímpicos en la era pandémica: Intercambio humanístico y comunicación mutua entre China y el mundo” como froito do traballo acumulado no esforzo compartido entre as dúas organizacións por tecer pontes de comunicación e diálogo entre Europa e China, así como desde Galicia e as conexións atlánticas co ámbito iberoamericano.

A obra divídese en catro apartados, que dan conta dos obxectivos da mesma: 1. Presentación: Intercambio Humanístico y Comunicación mutua entre China y el mundo, 2. Construcción de la imagen china en los Juegos Olímpicos de invierno: nuevo papel social y perspectivas internacionales 3. Diplomacia deportiva: Acercamiento al mundo, 4. Reflexión sobre la politización de los Juegos, 5. Representación de los Juegos Olímpicos en los medios de comunicación españoles y latinoamericanos.

Cómpre sinalar que o documento achégase ao impacto multidimensional dos Xogos, reflexionando sobre a imaxe da China no mundo e o seu novo perfil, ligado ás novas tecnoloxía e aos esforzos polo desenvolvemento sostible, mais tamén as tensións xeopolíticas que implicaron os Xogos (boicot dos USA, campañas de DDHH...) e a propia forma en que China entende o novo mundo postpandémico e o seu modelo de desenvolvemento.

Pódese ver o índice e descarregar gratuitamente a publicación na seguinte ligazón.