images capa

Presentamos “O Mundo Desde Aquí: A pandemia da Covid19” Unha volta ao mundo polo 2020.

- O IGADI, que conta entre os seus obxectivos fundacionais (1991) coa promoción do ideario de Nacións Unidas, promove a publicación desde o convencemento de que o futuro da humanidade pasa polo reforzamento do multilateralismo e un maior coñecemento mutuo entre culturas e civilizacións.

- 26 persoas de 23 países e 4 continentes da rede internacional do IGADI debuxan os acontecementos distópicos a nivel planetario do ano 2020, por medio de tres preguntas abertas: Como viviu o confinamento o teu país? Que cousas mudaron nel durante o 2020? Que expectativas hai para o 2021?

- “O Mundo Desde Aquí: A pandemia da Covid19” nace co obxectivo de normalizar o galego en todos os ámbitos, tamén nos estudos internacionais e a análise da xeopolítica global. A publicación que conta coa colaboración da Concellería de Normalización Linguística do Concello de Pontevedra presentarase nun encontro online na Canle de Youtube do IGADI durante o mes de decembro.

Observando o rastro até agora coñecido da emerxencia do virus nos distintos continentes a publicación arranca a súa particular volta ao mundo durante o 2020 desde Asia, con colaboracións desde China, Corea do Sur, Xapón, Tailandia, Taiwán, India, Paquistán e Rusia. Seguindo a viaxe intercontinental do virus a publicación achégase despois a Europa, con testemuñas desde Italia, España, Portugal, Alemaña e a República Checa, para continuar o rastro da pandemia global en América, comezando en Canadá e os EUA, e seguindo por Porto Rico, México, Nicaragua, Colombia, Brasil, Uruguai e Arxentina. Finalmente o continente africano fica representado, por agora, por unha única colaboración desde Cabo Verde, que espallaremos a novos países nunha segunda edición da publicación online durante o 2021.

A lectura do conxunto dos artigos reforza a idea de que somos unha soa humanidade, nun mundo complexo e novo diante dos riscos da globalización, onde a desinformación e a falta de coñecemento mutuo obstaculiza solucións globais a problemas de natureza global. Ao tempo, "O Mundo Desde Aquí: A pandemia da Covid19" da conta de problemas e debates paralelos en todos os países, xa sexa na confrontación entre gobernos e oposición, o conflito entre saúde e economía, as medidas contraditorias para a contención do coronavirus ou as dificultades para medir as consecuencias inmediatas e futuras dos acontecementos do 2020.

A publicación realízase grazas ao traballo acumulado dos 29 anos do IGADI e a comunidade internacional que acompaña o seu traballo. Desta maneira comparten esta reflexión colectiva investigadoras e investigadores ligados a nosa revista de estudos internacionais Tempo Exterior, ao Observatorio de la Política China e ao Observatorio Galego da Lusofonía, persoas da rede de antigas estudantes en prácticas do IGADI, Arredalia, así coma galegos ilustres da nosa diáspora coma Modesto Seara ou José María Monterroso.

Cómpre en último lugar destacar que a publicación alíñase, no ano do Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, co desenvolvemento da Lei Paz Andrade e a normalización do portugués en Galicia, coma ferramenta para a nosa conectividade e presenza internacional.

Podes descarregar aquí a publicación.