Tempo Exterior
O número 40 do Tempo Exterior abríu durante o ano 2020 a terceira etapa histórica da revista fundada en 1997 por Xulio Ríos (fundador e Presidente de Honra do IGADI).
Tras máis de dúas décadas de andaina a terceira etapa do Tempo Exterior comeza coa renovación do Consello de Redacción, coa participación de 7 investigadores de 7 grupos de investigación da Universidade galega, e o novo Director, Celso Cancela, profesor da Universidade de Vigo. A súa vez actualizouse o Consello Científico da revista, contando con 25 investigadoras, de Europa, as Américas e China.
Para o ano 2022 e os números 44 e 45 o equipo da revista lanzou un Call for papers aberto ata o 2 de maio do 2022 (nº44) e 30 de outubro (nº45). Para calquera dúbida podes contactar con tempoexterior@igadi.gal
Subscríbete ao Tempo Exterior e colabora para ser nós no mundo!
A túa achega é fundamental para o IGADI do presente e do futuro.
Enche o formulario en PDF e envíanolo a info@igadi.gal
Que dixeron do Tempo Exterior?
-
Esta revista ten que estar en todas as bibliotecas
Bichara Khader, Université Catholique de Louvain, Bélxica -
Acompaña con acerto o pulso do mundo actual
Patrick O’Sullivan, Bradford University, Reino Unido -
É un rico espazo de diálogo entre sistemas, culturas e valores
Zhu Lun, Academia de Ciencias Sociais, China -
Sorprende pola excelente calidade dos seus contidos
Stéphane Paquin, Université du Québec, Canadá -
Ben se nota que cre no valor da pluralidade de visións
Robert Mathews, New York University, Estados Unidos -
Leo con sumo interese Tempo exterior
Natan Lerner, Tel Aviv University, Israel

.Artigos.
2535 artigos
178
|
37
|
328
|
23
|
42
|
198
|
161
|
76
|
108
|
43
|
154
|
846
|
24
|
317
|

