Capa da Memoria de actividades 2022 do IGADI

A Memoria 2022 do IGADI xa dispoñible

Palabras chave IGADI Galicia internacional

O IGADI seguiu a avanzar durante o 2022 da man do documento programático elaborado entre o 2018 e o 2019 “Liñas 2021: Un tempo novo para o IGADI e a paradiplomacia galega”. O documento que serviu de guía para o traballo nos últimos catro anos, achégase ao seu final trala aparición da web nova e multi-idiomas www.igadi.gal, o 13 de xaneiro do 2023. Acompañando á aparición da web, o proceso 2019-2022 cimentou tamén a estrutura do IGADI de hoxe, polo que o propio Índice desta Memoria anual de actividades evoluciona na edición deste ano.

Cómpre dicir que logo dun 2021 marcado pola celebración do noso 30 aniversario e a homenaxe ao fundador do IGADI, Xulio Ríos, no 2022 os momentos máis especiais vivímolos xunto aos Convenios co Concello da Coruña e a Deputación de Pontevedra, a celebración do primeiro Congreso virtual do IGADI_OGALUS ou a renovación da Dirección do Observatorio de la Política China e o novo Convenio coa Universidade da Coruña.

Podes descarregar aquí a Memoria 2022 do IGADI