Desde o ano 2024 e baixo o título “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” achegámono á Union Europea desde unha aproximación orixinal, identificando á UE como a organización internacional Glocal máis importante do planeta. Na terceira edición, entre agosto e setembro do 2026, fixemos balance e ollamos cara ao futuro: Que papel xoga a Unión Europea nun mundo en transformación? Como poden as nosas cidades e rexións participar dos novos rumbos de Bruxelas? Cal é a natureza da UE Glocal cando ollamos ao futuro de maneira estratéxica?
O programa foi conducido por Patricia Coloret (Xunta Directiva IGADI), Serafín Pazos (Coordenador da Liña de análise da UE-IGADI) e Daniel González Palau (IGADI) aos que se xuntou o amplo equipo investigador do proxecto: Christoph Schreinmoser (Universidad de A Coruña e Director do IGADI), Diego Sande Veiga (Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador da liña de investigación en Economía do IGADI), Raquel Isamara León de la Rosa (Benemérita Universidad Autónoma de Puebla BUAP-México e Directora do Observatorio de la Política China-IGADI 2022-2026), Francisco Aldecoa (Profesor emérito de Relacións Internacionais da Universidade Complutense), Carlos Mascarell (Director de Asuntos Rexionais de United Cities and Local Governments-UCLG e Profesor de ciencia política e institucións políticas contemporáneas na Universitat de Barcelona), Miguel Roán (Director de Balcanismos e investigador asociado do IGADI), Javier Sánchez Cano (Director do Centro de Estudos Contemporáneos da Generalitat de Catalunya), Paula Lamoso (Universidad Pablo de Olavide e Investigadora asociada do IGADI), Tamara Espiñeira (Instituto de Ciencias Políticas -Sciences Po, en Rennes, Francia, e Investigadora asociada do IGADI), Gabriela Alexandra Oanta (Directora del Instituto de Estudios Europeos Salvador de Madariaga, Universidad de A Coruña) e Alberto Núñez Sabarís (Consultor Nacións Unidas e investigador asociado Rede IGADI).
Xunto ao equipo investigador da 3ª edición da UE Glocal, o programa contou con convidadas especiais, como María Canal Fontcuberta, protavoz da Comisión Europea en España, Anna Ayuso e Mariano Aguirre do CIDOB e Iván López Díaz, doutorando da Universidade Autónoma de Madrid e investigador asociado do IGADI. No evento, no que colaborou a UNED Pontevedra, participaron máis de 200 persoas.
Ao día seguinte, o 30 de outubro, presentamos a monografía desta edición, en galego, castelán e inglés.

O proxecto realízase desde o 2024 grazas ás Convocatoria para a celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas 2026 da Secretaría de Estado da Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación). Tes toda a información da historia do proxecto, en galego, inglés e castelán proxecto na web ueglocal.hub.gal

