Presentación do libro de Diego Sande Veiga “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza”. Investigación gañadora do XXVI Premio Colmeiro
O Premio Manuel Colmeiro da Escola Galega da Administración Pública (EGAP) destaca anualmente traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. No ano 2024 o xurado premiou o traballo de Diego Sande, profesor de Economía na Universidade de Santiago de Compostela así como Director do Diploma en Economía e Política China da mesma Universidade. É o Secretario do IGADI e coordenador da nosa Liña de análise e investigación en Economía.








