A Xunta de Galicia, axustándose ao novo marco internacional de desenvolvemento fixado pola Axenda 2030 e os seus 17 ODS, está remantando de deseñar, nun proceso que comezou no ano 2019 e no que participaron mais de 300 expertos, un plan transversal a todas as áreas da nosa economía e sociedade, que dirixa o noso desenvolvemento nesta terceira década do século XXI: O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030[1].
A Xunta de Galicia, axustándose ao novo marco internacional de desenvolvemento fixado pola Axenda 2030 e os seus 17 ODS, está remantando de deseñar, nun proceso que comezou no ano 2019 e no que participaron mais de 300 expertos, un plan transversal a todas as áreas da nosa economía e sociedade, que dirixa o noso desenvolvemento nesta terceira década do século XXI: O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030[1].
É certo que xa algunhas das metas dos ODS foran integradas no Plan Estratéxico Galicia (PEG) 2015-2020, mais nesta renovada estratexia búscase afondar no seu aliñamento coa axenda global de desenvolvemento[2] mediante metas e compromisos renovados, mais amplos e ambiciosos. A chave será que se establezan, dun xeito mais definido e efectivo, os camiños prácticos para acadalos. Do seu éxito dependerá que dentro de dez anos sexamos unha sociedade mais xusta, mais respectuosa tanto coas persoas como có entorno e cun horizonte de prosperidade que se estenda ás futuras xeracións.
Estes son os 10 grandes retos identificados sobre os que se está a construír este novo Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, agrupados en 4 eixos ou dimensións:
O reto demográfico: “Implicados xa nunha estratexia transversal para afrontar a baixa natalidade en Galicia, o avellentamento e o despoboamento, o novo Plan Estratéxico afondará na implantación de:
Medidas de dinamización demográfica
Priorizando o benestar e a calidade de vida
Especial atención á mocidade e as persoas maiores
O cambio climático: “Galicia non se pode concebir á marxe da súa contorna natural e dos cambios á que está sometida; contamos xa cunha Estratexia Galega contra o Cambio Climático e na vindeira década temos que ser capaces de:”
Estar á vangarda das solucións e efectos deste fenómeno
Para deixar ás vindeiras xeracións unha Galicia sustentable e con futuro
En liñas cos ODS
A competitividade: “Unha vez consolidada a recuperación económica, aínda persisten consecuencias da crise que precisamos corrixir para acadar unha Galicia máis igualitaria. É preciso reforzar a cohesión social e territorial e seguir traballando na inclusión en todos os eidos:”
Cultura da innovación e do coñecemento e pleno acceso e uso das novas tecnoloxías
Evolución do produto cara aos niveis mais altos da cadea de valor e potenciamento da marca Galicia en base ao deseño e a calidade
Maior concorrencia nos mercados internacionais das PEMES galegas
A cohesión social e territorial: “Unha vez consolidada a recuperación económica, aínda persisten consecuencias da crise que precisamos corrixir para acadar unha Galicia máis igualitaria. É preciso reforzar a cohesión social e territorial e seguir traballando na inclusión en todos os eidos”
Todos os galegos coas mesmas garantías e as mesmas oportunidades
Para acadar unha igualdade plena
Loitar contra calquera tipo de discriminación
Fonte: Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030
A partir deste plantexamento holístico e transversal desprenderanse numerosos desafíos que deberán ser atinxidos nos próximos meses ou anos. Unha transformación tan grande da nosa sociedade necesitará dunha axenda de acción á altura dos retos identificados. Por suposto, é un avance enorme que o Plan Estratéxico que nos vai a guiar identifique e estableza estas prioridades, pero non é suficiente.
Para cumprir cos retos antes expostos non chegará con seguir desenvolvendo Plans Estratéxicos, medidas de gobernanza ou establecer obxectivos grandilocuentes a 10, 15 ou 30 anos vista. Hai que pasar ao plano operativo, facer política da que desencadea consecuencias, establecer medidas contundentes, que, pola súa propia natureza, van a xerar moitas tensións e incomodidades; pois mudar o status-quo de calquera sistema político-económico implica perdedores; pero do que se trata é de conseguir que unha ampla maioría sexa, por unha vez, a vencedora.
Buscamos un país mais xusto, mas igualitario, que no que non se dean situacións de pobreza, de exclusión, no que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades, e por suposto, que respecte ao impresionante entorno natural no que estamos situados. Este executivo xa leva 12 anos, e a dicir verdade, unha transformación das características comentadas non parece nin preto de suceder. Ollaremos se dentro dunha década podemos mudar a nosa opinión con este novo Plan Estratéxico para Galicia.
[1]Web oficial do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030: http://www.planestratexico2030.gal/es/
[2] Web oficial das Nacións Unidas sobre a Axenda 2030 e os 17 ODS: https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/objetivos-de-desarrollo-sostenible/