Unha arquitectura pensada para non agardar
O 17 de xaneiro de 2026, en Asunción, foi o día e o lugar elixido para que a Unión Europea e os catro socios do Mercosur asinaran o acordo que levaba en negociacións dende o ano 1999. Catro días despois, o Parlamento Europeo aprobou nunha axustada votación remitir o texto ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que examinase o seu contido e se era compatible cos tratados o que derivou en que a súa aprobación fose suspendida ata que os xuíces se pronuncien (Parlamento Europeo, 2026a). Aínda así, a parte comercial entrou o primeiro de maio, unha secuencia dos feitos que é pouco habitual na política europea pero que, sen dúbida, resume ben o momento actual do tratado. Con esta fenda presente, a posición galega está claramente marcando nun perfil exportador modesto cara o mercado latinoamericano e cunha perda de poder no mundo agrario ante a apertura a novos mercados.
A Comisión Europea decidiu dividir o paquete en dous textos con vía xurídica diferente: O Acordo Interino de Comercio e o Acordo de Asociación. O primeiro, recolle os capítulos arancelarios e, ao ser a política comercial unha competencia exclusiva da Unión, só precisa o consentimento do Parlamento Europeo e do Consello, aínda así é o apartado que se atopa xudicializado pero, a aplicación provisional só depende dunha decisión do Consello e non do Parlamento así que o comercio foi liberalizado antes de que ningunha cámara ratificase o tratado. O segundo, incorpora as ramas do diálogo político e o de cooperación o que esixe a ratificación do acordo polos vinte e sete estados membros e dos países do Mercosur e será a encargada de substituír ao acordo comercial unha vez sexa asinado por todos os membros (Consejo de la Unión Europea, 2026).
“Vacas por coches”
O interese da Unión europea por este acordo reflíctese nun aforro arancelario estimado en 4.000 millóns de euros anuais promovendo que a Unión poida vender automóbiles sen ter que pagar aranceis de ata o 35,0%, maquinaria, gravada entre o 14,0% e o 20.0%, e para viños e bebidas espirituosas, tamén cun teito do 35,0% (Comisión Europea, s. d.). O acordo tamén permite que ás empresas europeas poidan ser contratadas por o sector público do Mercosur, cun mercado, soamente co brasileiro, que supera os 8.000 millóns de euros anuais. A cambio, o Mercosur obtén a posibilidade de vender toneladas de continxentes agrícolas en Europa con aranceis reducidos ou nulos.
Nas análises dos sectores afectados hai que define o pacto como un intercambio de “vacas por coches” o cal é asumible sempre e cando existísese un plan para compensar aos sectores perdedores do acordo (GC Diario, 2024).
Con todo, o punto de partida do acordo xa era moi desigual entre ambos bloques. No ano 2024, a Unión importou produtos agroalimentarios ao Mercosur por un valor preto aos 24.000 millóns de euros mentres que exportou por 3.300 millóns, mentres esta diferenza negativa no saldo comercial. Mirando cara Galicia, a asimetría volvese extrema debido a que España exporta ao Mercosur 23 toneladas de vacún e importa 14.340, unhas 625 veces máis (Campo Galego, 2026).
Fronte a estes números, as organizacións agrarias europeas conseguiron un regulamento específico que permite a reactivación dos aranceis cando as importacións ameacen con causar un prexuízo grave e obriga a Comisión a informar o Parlamento cada seis meses sobre a evolución dos produtos sensibles (Parlamento Europeo, 2026b).
A dobre contabilidade galega
A lectura que se fai dende Galicia depende dende a lente pola cal se mire. As exportacións galegas ao Mercosur roldan o 1,0% do total concentradas en coches e en pezas de automoción mentres que as importacións procedentes dese bloque se achegan ao 4,0% sobre todo en materias primas para a alimentación animal (GC Diario, 2024). Ademais, no ano 2024, Galicia acadou o seu máximo histórico ao vender no exterior un valor de 31.019 millóns de euros e a Xunta confía en ampliar o mercado suramericano, para que o abriu, no ano 2025, unha oficina do Instituto Galego de Promoción Económica no Brasil (Xunta de Galicia, 2025).
O Goberno galego sitúase entre os defensores do acordo. Alfonso Rueda salientou que a liberalización do mercado do Mercosur afectará ao 90,0% das importacións e exportacións entre ambos bloques e que permitirá consolidar o mercado galego en países coma Brasil ou Arxentina (Xunta de Galicia, 2025). Esta posición convive co rexeitamento frontal das principais organizacións do agro galego cunha lectura diferente.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) advirte que o acordo permite unha entrada de vacún equivalente a 450.000 xatos, unha cifra que multiplica por catro a produción galega que apenas chega a 100.000 animais. Ademais, a estrutura agraria galega explica tamén o temor debido a que é a terceira máis baixa do Estado enfrontándose a economías de escala dos grandes produtores do Brasil e da Arxentina (El Salto, 2026).
Esta posición chegou tamén as rúas e é que antes do súa posta en marcha, en xaneiro do 2026 producíronse tractoradas en Lugo contra o tratado unindo a produtores tanto de carne como de leite e, xa co rexime provisional posto en marcha, Unións Agrarias denunciou caídas de prezos no vacún amparado pola indicación xeográfica protexida Vaca e Boi de Galicia e reclamou á Comisión Europea unha investigación formal. A organización pide ademais á Xunta e ao Goberno central que apoien esa demanda ante as institucións comunitarias. Bruxelas, á súa vez, anunciou a suspensión desde o 3 de setembro das importacións de carne de vacún do Brasil por non ofrecer garantías suficientes sobre o uso de antimicrobianos e de substancias prohibidas como o estradiol. Organizacións como Asaga interpretan esa suspensión como proba de que os mecanismos de control funcionan, mentres o SLG mantén a súa oposición e considera insuficientes as cláusulas de salvagarda (Galiciapress, 2026).
Con menos dun semestre de aplicación, o alcance dos datos dispoñibles limita a posibilidade de facer aseveracións máis concretas sobre o efecto no gando galego aínda así, o presente acordo afecta aos intereses galegos que se intentan resumir na seguinte táboa:
Táboa 1. Os intereses galegos ante o acordo UE-Mercosur.
| Sector | Posición | Dato de referencia |
| Automoción e maquinaria | Positiva | Principal partida exportadora galega ao Mercosur. Desmantelamento progresivo de aranceis previos de ata o 35,0%. |
| Viño e bebidas espirituosas | Positiva | Supresión gradual de taxas arancelarias que acadaban un teito do 35,0%. |
| Téxtil e confección | Positiva | Oportunidade comercial detectada polas patronais galegas para incrementar vendas no segmento de consumo medio-alto. |
| Vacún de carne | Negativa | Continxente xeral de 99.000 toneladas anuais cun arancel residual do 7,5%, equivalente a uns 450.000 animais segundo o SLG. |
| Aves | Negativa | Cota comunitaria de 180.000 toneladas anuais con réxime arancelario reducido. |
| Lácteo | En observación | Seguimento prioritario acordado polas entidades sindicais para monitorizar posibles desvíos de pensos e cotizacións en orixe. |
Fonte: elaboración propia a partir das fontes referenciadas no apartado de Referencias bibliográficas.
Perspectivas
O futuro do tratado decidirase en tres frontes con calendarios propios debido á propia arquitectura do acordo. En primeiro lugar, a fronte xudicial pode validar ou tombar o propio acordo provisional. En segundo lugar, a Eurocámara deberá votar o seu consentimento unha vez haxa un ditame xudicial o acordo terá que superar un total de vinte e sete parlamentos nacionais para seguir adiante e, en terceiro lugar, as cláusulas encargadas de salvagardar dos intereses europeos deberán ter a capacidade de ser unha resposta real ante a chegada dun mercado tan amplo como o suramericano.
Para Galicia, a partida mantén unha dobre visión difícil de reducir a un balance único debido a que sectores de automoción, téxtil ou vinícolas teñen ante si un novo mercado de máis de 300 millóns de consumidores mentres que sectores como o vacún e as aves competirán cunha produción que opera con custos moi inferiores (Consejo de la Unión Europea, 2026). A evolución deste marco dependerá do contraste que acheguen as primeiras series estatísticas do intercambio comercial galego e da celeridade coa que actúen os mecanismos de defensa europeos, cuxos tempos burocráticos adoitan requirir meses mentres a estabilidade e a viabilidade das explotacións gandeiras se decide en cuestión de semanas.
Referencias bibliográficas
Campo Galego. (2026, 16 de xaneiro). Así está la balanza comercial entre España y Mercosur antes de la firma del acuerdo. https://www.campogalego.es/asi-esta-la-balanza-comercial-entre-espana-y-mercosur-antes-de-la-firma-del-acuerdo/
Comisión Europea. (s. d.). El acuerdo comercial UE-Mercosur. https://commission.europa.eu/topics/trade/eu-mercosur-trade-agreement_es
Consejo de la Unión Europea. (2026, 9 de xaneiro). UE-Mercosur: el Consejo da luz verde a la firma del acuerdo de asociación y de comercio [Comunicado de prensa]. https://www.consilium.europa.eu/es/press/press-releases/2026/01/09/eu-mercosur-council-greenlights-signature-of-the-comprehensive-partnership-and-trade-agreement/
El Salto. (2026, 13 de xaneiro). El acuerdo UE-Mercosur avanza en medio del rechazo del agro gallego. https://www.elsaltodiario.com/galicia/acuerdo-ue-mercosur-avanza-medio-del-rechazo-del-agro-gallego
Galiciapress. (2026, 23 de maio). Mercosur: caída de precios en carne gallega y veto al vacuno brasileño. https://www.galiciapress.es/articulo/portada/2026-05-23/5892709-mercosur-caida-precios-carne-gallega-veto-vacuno-brasileno
GC Diario. (2024, 22 de decembro). Los “riesgos” para Galicia del acuerdo con Mercosur: ‘dumping’ en la carne que puede acarrear más abandono. https://gcdiario.com/economia/478756-rural-los-riesgos-para-galicia-del-acuerdo-con-mercosur-dumping-en-la-carne-que-puede-acarrear-mas-abandono/
MERCOSUR. (2026). El MERCOSUR terminó de aprobar el acuerdo con la Unión Europea. https://www.mercosur.int/mercosur-termino-de-aprobar-acuerdo-con-union-europea
Parlamento Europeo. (2026a, 21 de xaneiro). UE-Mercosur: el Parlamento pide un dictamen jurídico sobre la compatibilidad con los tratados [Nota de prensa]. https://barcelona.europarl.europa.eu/ca/news/eu-mercosur-agreement-treaties
Parlamento Europeo. (2026b, 10 de febreiro). Mercosur: el Parlamento Europeo aprueba salvaguardas para proteger la agricultura europea [Nota de prensa]. https://barcelona.europarl.europa.eu/es/news/mercosur-safeguards-agriculture
Xunta de Galicia. (2025, 3 de marzo). A nova Estratexia de internacionalización da Xunta prevé reducir a mínimos o impacto dos aranceis de Estados Unidos nas exportacións galegas [Nota de prensa]. https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/010351/nova-estratexia-internacionalizacion-xunta-preve-reducir-minimos-impacto-dos

