Esta entrevista fai parte do Informe anual da Acción Exterior de Galicia, Informe Nós No Mundo 2021-2022: 25 anos: Da Secretaría Xeral á Lei de Acción Exterior
Alberto Pazos, Portavoz de acción exterior do PP de Galicia

Entrevista a Alberto Pazos, Vicevoceiro do PP de Galicia

1- O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría?

Sen dúbida o acontecemento de maior impacto internacional neste período foi o atentado perpetrado o 11-S, o primeiro dunha longa cadea de acción criminais en todo o mundo, e que España sufriu nas suas carnes co 11-M. A partires deste momento tivo lugar un proceso de reformulación das relacións internacionais que todavía non rematou, e que sen dubida vai supoñer un punto de inflexión significativo na historia.

Tampouco podemos obviar a importancia dunha nova orde internacional marcada pola multipolaridade, o proceso de progresiva apertura de China ou a inexorable consolidación da globalización.

2- 40 anos do Estatuto, 25 da creación da SX de Acción Exterior, cal é o balance?

Francamente positivo. O Estatuto foi a ferramenta fundamental do cambio experimentado polo noso pais. Hoxe os galegos desfrutamos dun estado de benestar plenamente afianzado, e a nosa renda per capita converxeu coa media nacional ata niveis nunca antes alcanzados.

Paro Galicia tamén pode sentirse orgullosa do seu lugar no mundo, e do xeito en que fomos que de ocupalo, a través do dialogo, da negociación e dun capacidade evidente para fortalecer os lazos que nos unen tradicionalmente con Europa, iberoamerica ou coa lusofonía, ao tempo que abrimos novas oportunidades de expansión internacional en latitudes menos habituais para os nosos intereses.

E todo isto sen esquecer un fortalecemento sen precedentes das relacións co Norte de Portugal, converténdonos nunha Eurorexión de referencia no marco da UE.

3- E desde o balance, canta marxe queda, dentro do Estatuto, para desenvolver máis a acción exterior de Galicia?

Non creo que o Estatuto supoña límite algún a acción exterior de Galicia, mais aló da obriga de manter unha colaboración leal co Goberno do Estado.. A experiencia ten demostrado que esa colaboración resultou un instrumento útil para potenciar a nosa acción exterior.

4- Que prioridades e desafíos inmediatos ten a política pública de acción exterior en Galicia?

No actual contexto de tensión internacional, Galicia ten que continuar fortalecendo o seu posicionamento no mundo que permitiu, entre outras cousas, que alcanzáramos un récord de exportacións comerciais sen precedentes. Continuar con esa aposta pola proxección exterior do noso pais é fundamental para poder consolidar esa situación.

5- Que prioridades e desafíos de medio e longo alcance ten a política pública de acción exterior en Galicia?

Os ámbitos fundamentais de actuación están claramente establecidos na Estratexia galega de Acción Exterior. E pasan polo reforzo do vínculo coa UE, aproveitar as potencialidades da nosa relación privilexiada coas Comunidades galegas no exterior, e estreitar os vencellos coa comunidade lusófona.

6- Europa, Eurorexión, Lusofonía, Diáspora, Internacionalización empresarial e académica… Mais no desenvolvemento da Lei de Acción Exterior, que papel pode xogar o Xacobeo?

O Xacobeo está a xogar un dobre papel de máxima importancia. Supón unha oportunidade sen parangón de promoción internacional de Galicia, e ademais converteuse nun foco de atracción para visitantes chegados de todo o mundo. Sen dúbida, nunha década marcadamente xacobea, os camiños serán o mascarón de proa da proxección exterior dun pais capaz de combinar coma poucos tradición e modernidade.