Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Foi Director do IGADI entre 2017 e 2026.
Actualmente é Director adxunto do Observatorio de la Política China e coordenador do Observatorio Galego da Lusofonía (OGALUS). Desde o 2014 é o responsable da investigación «Uma historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza. Contacto: dpalau@igadi.gal
Artigos de González Palau, Daniel

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Dentro do ciclo “Pensando o Futuro” da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falará na Coruña da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica. Achegarase aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates […]

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta?
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
O xoves 23 de abril entre as 17h e as 20h, ofreceremos un programa de televisión por internet centrado nas relacións entre España e China. O programa é froito da nosa longa historia de seguimento das transformacións da República Popular de China desde o 1991, un ámbito no que o IGADI-Observatorio da Política China é un referentes internacional.

Entrevista a Hugo Javier Freitas “A emigración galega foi entendida moitas veces como ruptura, pero tamén pode pensarse como continuidade”
Hugo Javier Freitas é historiador e profesor de Historia en Bos Aires (Arxentina), especializado nos procesos migratorios entre Europa e o Río da Prata entre finais do século XIX e comezos do século XX. O seu traballo combina investigación en arquivos civís e parroquiais de España, Croacia, Arxentina e Uruguai, cunha escrita narrativa orientada a un público amplo. Participou no III Premio Memoria da Emigración Española (UNED Zamora), onde o seu traballo As partidas de Jesús foi seleccionado e publicado no volume oficial do certame. Nos últimos anos desenvolve unha liña de investigación centrada na relación entre memoria familiar, identidade e experiencia migratoria, con especial atención á emigración galega. O seu libro Raíces nas augas atópase recentemente publicado en Galicia e conta cunha edición en lingua alemá actualmente en proceso de publicación.

#Pensalo2Veces: Galicia na Unesco e ONU Turismo
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O 26 de xaneiro de 2026 o ministro de Exteriores e o conselleiro de Acción Exterior da Generalitat, oficializaron o inicio do proceso para que Catalunya acade a condición de membro asociado na Unesco e en ONU Turismo. Anunciouse tamén que Euskadi seguirá o mesmo camiño.

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial?
Apartados xeográficos Estados Unidos
O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle este xoves 26 de febreiro ás 19.00 horas na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o faladoiro “A administración Trump: unha nova orde mundial?”, dentro do ciclo de debates Encontros de Lúa Che

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Entre o 27 e o 31 de outubro de 2025, o IGADI recibiu en Galicia unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM). O CCCM é unha institución portuguesa nacida no ano 1999, que ten por misión producir, promover e divulgar coñecemento sobre Macau como plataforma entre Portugal e a República Popular da China, así como entre Europa e Asia. O CCCM naceu na secuencia da devolución de Macau á República Popular da China. O CCCM está baixo a tutela do Ministerio portugués da Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior.

Trump, Venezuela e o novo mundo en directo
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Durante todo o ano 2025, desde a súa toma de pose o 20 de xaneiro, Donald Trump dominou as axendas políticas mundiais, multiplicando temas e accións concretas. Das primeiras ameazas directas a México, Panamá ou Dinamarca, pasou á guerra arancelaria global e ás humillacións públicas á Unión Europea e a Ucraína. Todo este furacán estivo ademais acompañado dunha retórica filorracista á hora de referirse aos países africanos, ás migracións ou ao futuro destino turístico de Gaza.

Operación Resolución Absoluta: Certezas e incógnitas en Venezuela
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A captura do Presidente Maduro e a potencial toma de Venezuela polos EUA a cámara lenta non é un meteorito inesperado. Desde a toma de pose de Donald Trump hai case un ano e as primeiras ameazas a países como Dinamarca, Panamá ou Canadá, o goberno estadounidense redobrou o esgotamento da orde internacional vixente. Principalmente defendendo a posibilidade do uso da forza en nome dos intereses nacionais, mais tamén coa exclusión das solucións multilaterais, por exemplo coa súa saída do Tratado de París ou da Organización Mundial da Saúde.

Presentación Informe Nós No Mundo 2024-2025: E agora que?
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Se nas últimas edicións do Informe Nós No Mundo puxemos o acento na necesidade de activar a Lei de Acción Exterior de Galicia, publicada no DOG no 2021, este ano centramos o foco na nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Despois de catro anos de preparación pública, oficializouse en marzo do 2025, sendo o primeiro marco estratéxico da nosa Acción Exterior trala aprobación da Lei no 2021.

Xornada "Acción Exterior galega: lusofonía" 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A Facultade de Relacións Internacionais da UVigo organiza o 24 de novembro, ás 16:00, no Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, unha xornada dedicada ao papel da lusofonía na acción exterior galega. Participarán Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior da Xunta; Daniel González Palau, director do IGADI; e Burghard Baltrusch, director […]
