escudo Castealo

Especial Ano Castelao (IV) “Denantes Mortos que Escravos…”

Non é novidade que a historia de Galicia sempre depara, para quen se mergulla nela, sorprendentes curiosidades que, como os tesouros de antigos fragmentos mariños, van aparecendo en proporción directa á tenacidade, sorte ou curiosidade do estudoso.

Algo diso —ou case todo xunto— sucedeu coa frase de marras.

Comezara a investigar sobre o Tercio de Gallegos de Buenos Aires a principios dos 90, co case exclusivo fin de lograr —o que xa era todo un reto— o retorno ao servizo activo desta xoia histórica tamén descuberta case por casualidade.

Ao ingresar como cadetes de náutica, desde tempos inmemoriais comentábase —tradición oral pura e dura— a historia herdada da época hispánica: “A Escola de Náutica foi creada en 1799 e, en 1807, participou na Defensa de Buenos Aires cun rexemento creado e comandado polo seu director e no que se alistaron os cadetes: o Terzo de Galegos que se enfrontou e derrotou ao exército británico…”

Ao non escoitar nunca na miña vida sobre o dichoso “Terzo de Galegos”, púxenme a buscar en libros de historia e o resultado foi desolador: tampouco se mencionaba nin unha palabra del. ¿Sería un invento para darnos ánimo?… Pero, como non podía crer que se fixera algo semellante nunha institución tan seria, antiga e prestixiosa, continuei buscando e, finalmente —moi aos poucos— logrei atopar algunhas mencións illadas e só en libros moi especializados.

Sintetizando: para 1995 lográramos atopar suficiente información e puidemos emprender a tarefa de recrear o Terzo de Galegos.

Bandeira Terzo de Galegos
Bandera do Terzo de Galegos de Buenos Aires (Seda natural bordada en fíos de ouro e prata – 1806). Orixinal no Museo Marítimo “Ing. Cerviño” (é a bandeira de Galicia máis antiga do mundo).

Isto deu lugar a un estreito vínculo cos centros galegos de Buenos Aires e coa Xunta de Galicia que moi pronto comezou a convidarnos a participar en actos solemnes por toda Galicia.

Foi nun deses primeiros viaxes cheos de emocións e ledicias, cando unha frase nun escudo fixo que me sobresaltara: “Denantes mortos que escravos…” lin. Esa frase coñecíaa. Era nosa: era do Terzo de Galegos de Buenos Aires.

En efecto, entre os centos de libros e miles de documentos revisados en bibliotecas e arquivos históricos, lembraba ter lido esa frase e o episodio no que foi dita: A madrugada do conxelado 5 de xullo de 1807 atopou a compañía de granadeiros do Terzo de Galegos na Praza de Toros do Retiro. Alí foron cercados por unha forza británica que os triplicaba. Os galegos, a puro coraxe, debían abrir unha fenda que lles permitise evacuar a guarnición. Para arengar á súa tropa que debía enfrontarse a unha morte segura, o ferrolán capitán de galegos, Xacobo Adrián Varela, ao tempo de ordenar avanzar á carga, berrou aos seus valentes granadeiros o nome do seu santo patrón: —¡Santiago!… E eles responderon a unha soa voz cun rotundo: —¡Mortos antes que escravos!…

A pleno berro de coraxe, e facendo tremolar a bandeira co escudo de Galicia, avanzaron a punta de bayoneta e disparando ata o último cartucho logran abrir a fenda que lles permitiu seguir combatendo ata a vitoria.

Foi o combate máis sangrento e a compañía de granadeiros galegos foi a que máis homes perdeu no combate. O capitán Varela perdeu as súas botas no barro, o que non impediu que —esa conxelada mañá de inverno austral— seguira combatendo descalzo.

O primeiro galego europeo que coñeceu a épica historia do glorioso Terzo de Galegos de Buenos Aires foi don Manuel de Castro López, que en 1911 publicou na capital porteña un compendio daqueles documentos do comandante Cerviño.

Imaxe Pedro Cervino
Pedro Antonio Cerviño Núñez. Nado en Santa María de Muimenta, Campolameiro, Pontevedra. Enxeñeiro Militar. Director da Escola de Náutica de Buenos Aires. Comandante do Tercio de Gallegos. Óleo da Escola Nacional de Náutica.

Algúns anos despois, don Alfonso Rodríguez Castelao, cando se estableceu en Buenos Aires para proclamar desde alí os seus ideais galeguistas, puido ter contacto con aqueles papeis —incluso co libro de Cerviño, cuxa última copia puiden atopar despois de 90 anos na biblioteca do Centro Galegos.

Podo imaxinar a emoción do noso paisano Castelao ao ler estas páxinas de honra e liberdade; de gloria, coraxe e valor… en fin: de todos os valores e ideais que demostraron aqueles galegos e que, como outros milleiros e millóns antes e despois do Tercio de Gallegos, identificaron tanto a quen naceron e viviron en Galicia como a todos aqueles que tiveron que emigrar e construir esa Galicia Universal da que estamos tan orgullosos. Unha Galicia española e Universal que Castelao quixo que tivese como lema o máis heroico berro que tiveron os galegos nos seus beizos e que —unidos— levounos á Liberdade: “¡Santiago! ¡Mortos antes que escravos!”