serafinpazos

Pazos Vidal, Serafín

É coordinador da Liña de investigación na Unión Europea do IGADI. É Doutor en Unión Europea e foi Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable da Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas. Actualmente é coordinador de proxectos da AEIDL, European association for innovation in local development.

Doutor en Unión Europea, Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable the Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

Membro do Comité de Expertos de Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións, Coordenador do Grupo de Expertos de Cohesión do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) (2008-2018), Secretario dos membros escoceses do Comité das Rexións (2007-2020) e do Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa.  Relator técnico de varios Ditames do Comité das Rexións, Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Parlamento Europe, Parlamento Escocés e Parlamento Británico.  Membro da Comisión Institucional e de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega. Anteriormente traballou na Fundación Galicia Europa en Bruxelas e na Secretaría Xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, entre outros.   Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País.

Como investigador académico é membro da Research Network on Cohesion Policy da Regional Studies Association,  colaborador habitual do Observatory of Local Authonomy (OLA), Grupo Democracia Y Autonomías: Sociedad y Política de la Universidade Pablo de Olavide; membro dos grupos de Paradiplomacia e axenda urbana da AECPA,  membro do Consello Social da Facultade de Políticas da Universidade de Padua. Ten traballado e publicado sobre todo en procesos de descentralización comparada, a gobernanza multinivel na UE, a Política Rexional europea e as axendas urbanas.  Autor do Libro Subsidiarity and EU Multilevel Governance Actors Networks and Agendas (Routledge, 2019).


Artigos de Pazos Vidal, Serafín

Fonte: Parlamento Europeo

Galicia e a Conferencia para o Futuro de Europa

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Logo dun ano de discusións, a Conferencia sobre o futuro de Europa (CoFoE) concluíu os seus traballos nunha sesión plenaria en Estrasburgo o 9 de Maio de 2022. A CoFoE é o penúltimo estadio e resultado dun longo proceso de autoexaminación por parte das institucións europeas sobre o futuro da UE que se ten tido …

Pazos Vidal, Serafín Read More »