Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Bandeira de Ucraína

Putin celebra unha vitoria que non é súa

Apartados xeográficos Europa
79 anos despois de que a Alemaña nazi capitulou ante a alianza da Unión Soviética, o Reino Unido, os Estados Unidos e Francia, cando fai décadas que marcharon os xenerais que comandaron as tropas vitoriosas e os combatentes reais teñen máis de 97 anos, Putin celebra en Moscova un desfile pomposo para facer crer ao mundo que é o único herdeiro da vitoria sobre o nazismo en 1945. E máis aínda, que a guerra de agresión contra Ucraína é tamén unha loita antifascista.

O escándalo non é sobre o Papa

Apartados xeográficos Europa
A estraña frase que moitos atoparon escandalosa foi pronunciada polo Papa Francisco nunha entrevista gravada a principios de febreiro para ser emitida o 20 de marzo. O Papa concedeu a entrevista a Rádioa Televisión Suíza (RSI) de lingua italiana, pero alguén filtrou anticipadamente as palabras do Pontífice nun episodio dedicado ao branco, a cor do ben, da luz.

O escándalo do cabaré e o fenómeno Zelenskyi

Apartados xeográficos Europa
Sumida nunha guerra extremadamente brutal contra a agresión rusa, Ucraína entrou no ano 2024 cun escándalo notorio. O popular cabaré "O Barrio vespertino" no seu tradicional espectáculo de Aninovo mostrou como una suposta refuxiada do territorio ocupado por Rusia, considerado predominantemente rusofalante, trataba de falar ucraíno. En lugar da fala coloquial ucraína contaminada polo ruso, que adoita escoitarse no sueste do país, os autores do bosquexo poñen en boca da refuxiada, de aspecto desagradable, palabras ucraínas equivocadas, que fan soar o seu discurso non só parvo, senón tamén obsceno.
Bandeira de Ucraína

Incerto comezo de 2024 para a guerra en Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Desde o venres do 29 de decembro, Ucraína sofre os peores ataques aéreos desde o comezo da invasión rusa a gran escala. Utilízanse todo tipo de armas de ataque, incluídos drons, mísiles de cruceiro e balísticos. Cada día rexístranse decenas de mortos e centenares de feridos, destrucións en infraestruturas civís en Kíiv e outras cidades importantes. En cinco días, os rusos lanzaron uns 500 proxectís.