Libia despois de Gadafi

En xeral, hai acordo en que Muamar el Gadafi ten os días contados, que o seu tempo se acabou, que o país se abre a outra experiencia. Os libios respirarán satisfeitos e os veciños, e o mundo en xeral, tamén. Pero a ninguén se lle oculta que xusto ai empezan os problemas para os libios.

Apartados xeográficos África
Idiomas Galego

En xeral, hai acordo en que Muamar el Gadafi ten os días contados, que o seu tempo se acabou, que o país se abre a outra experiencia. Os libios respirarán satisfeitos e os veciños, e o mundo en xeral, tamén. Pero a ninguén se lle oculta que xusto ai empezan os problemas para os libios.

Porque todo semella indicar que Libia non está en condicións de crear un proxecto de país. Non hai, nin de lonxe, unha oposición merecente dese nome, nin gromos sequera de partidos políticos, nin tampouco grupos de intereses que poidan derivar en opcións políticas. O que hai é tribalismo.

Moitos analistas pensan que, diante desa realidade, o máis probable é que en Libia se produza unha situación semellante ás de Iraq e Afganistán  despois das derrotas de Sadam Husein e dos talibáns: un ermo político, ausencia de verdadeiros dirixentes, tentación de valerse dos que máis se abaixen e mellor se rebaixen...

Como di Patrick Corkburn (CounterPunch, 29 march): “Haberá unha falta de socios locais cribles. Os rebeldes demostraron que son política e militarmente febles”, como o acredita que fose necesaria unha intervención estranxeira para salvalos. ¿Volverá a repetirse en Libia a ocupación polas forzas liberadoras, convertidas, nese caso, en forzas de ocupación?

Xusto por iso pensa o mesmo autor, entre outros, que moi ben pode pasar que Gadafi non sexa reemplazado polos libios, senón polas potencias estranxeiras que contribuíron ao seu derrocamento. Non tardaremos en comprobar se en Libia se vai repetir a historia de Iraq e de Afganistán. Pode vir entón  o verdadeiro desastre de Libia.