Unión Europea : Liña de investigación

Bandeira da Unión Europea

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 10. Conclusión: Alcance real e límites do Efecto Bruxelas na IA

A análise dos distintos ecosistemas regulatorios a nivel internacional demostra que o efecto Bruxelas non é un fenómeno universal nin automático, senón unha forza de intensidade variable que choca frontalmente cos intereses xeopolíticos das grandes potencias tecnolóxicas. O mapa global da gobernanza da IA divídese hoxe entre as rexións que asumen a necesidade dunha regulación baseada en dereitos e aquelas que priorizan a flexibilidade ou o control estatal.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 10. Conclusión: Alcance real e límites do Efecto Bruxelas na IA Leer más »

Apartados xeográficos Europa
Fonte, Montecruz Foto-Wikimedia

Crise de confianza da democracia en España 1. Presentación e antecedentes

Imos facernos unha pregunta: que ocorre cando unha parte crecente da cidadanía deixa de confiar no sistema democrático que a representa? A resposta non é sinxela, pero apunta a unha realidade cada vez máis evidente: a democracia, tal e como a coñecemos, atravesa unha profunda crise de confianza. Non se trata unicamente de desafección política ou de baixos niveis de participación electoral, senón dunha ruptura máis ampla entre institucións e cidadáns. Esa fractura será o fío condutor desta serie de artigos.

Crise de confianza da democracia en España 1. Presentación e antecedentes Leer más »

Apartados xeográficos Europa
Fonte: Szlomo Lejb Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0

A xustiza francesa condenou a Lafarge, a maior cementeira do mundo, por financiar o xihadismo

«Para o tribunal, é evidente que o único propósito da financiación dunha organización terrorista era manter operativa a planta siria por motivos económicos. Os pagamentos a entidades terroristas permitiron a Lafarge continuar coas súas operacións».

A xustiza francesa condenou a Lafarge, a maior cementeira do mundo, por financiar o xihadismo Leer más »

Apartados xeográficos Europa
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica

A segunda Comisión von der Leyen, un ano despois de iniciar o seu mandato, consolidou un método político baseado na aceleración lexislativa, na coordinación interservizos e no uso intensivo de paquetes omnibus para reaxustar políticas recentes. Una receita debedora do corporativismo alemán (Mesa para o Agro, para a Automoción) ante a crise de identidade do modelo socioeconómico europeo, sobre todo renano-carolinxio, substituíndo a granularidade regulatoria por procesos integrados orientados a resultados. Estes paquetes, que en 2025 integraron dez reformas simultáneas e que continuarán en 2026, están a transformar sectores como a automoción, a industria química, o agroalimentario, as políticas ambientais e a gobernanza dixital. A prioridade esencial da Comisión: reforzar a competitividade europea nun contexto de transición verde, tensión xeopolítica e crecente presión sobre cadeas industriais, en liña co informe Draghi.

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica Leer más »

flag reino unido

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo

Mentres a UE optou por unha lexislación horizontal e exhaustiva co RIA, o Reino Unido decidiu trazar un camiño diverxente, apostando polo que denomina un «enfoque pro-innovación» (A Pro-Innovation Approach). Esta estratexia caracterízase, ata o momento, pola súa flexibilidade e pola ausencia de novas leis primarias ríxidas que abarquen todos os sectores, preferindo un modelo

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo Leer más »

Apartados xeográficos Otros
Bandeira da Unión Europea

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea

Ao analizar o continente europeo, destaca, como non podería ser doutro xeito, o Regulamento de Intelixencia Artificial (xa referido anteriormente como RIA), o 13 de xuño de 2024 polo Parlamento Europeo. Trátase, sen dúbida, da normativa máis coñecida e comentada a nivel internacional, non só polo seu carácter pioneiro e polo alcance ambicioso do proxecto, senón tamén pola vontade explícita da UE de crear un texto xuridicamente vinculante en materia de IA, coa finalidade de establecer un estándar global e provocar o coñecido efecto Bruxelas.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea Leer más »

Apartados xeográficos Otros
BRA orthographic.svg

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 5. América (II) Dereitos antes que velocidade: América Latina e a construción dunha IA garantista

Fronte á cautela —ou mesmo ao retroceso— observable en América do Norte, América Latina preséntase como un espazo particularmente receptivo aos estándares europeos en materia de gobernanza da IA. A combinación dunha forte tradición constitucional en dereitos fundamentais e dunha crecente preocupación polos impactos sociais da IA propiciou respostas normativas que, en certos casos, non só reproducen o modelo europeo, senón que o intensifican ou reinterpretan desde categorías xurídicas propias.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 5. América (II) Dereitos antes que velocidade: América Latina e a construción dunha IA garantista Leer más »

Apartados xeográficos América Latina
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

¿Cuál es el estado del planeta? Ya disponible el IGADI Annual Report 25-26

El 19º anuario de relaciones internacionales y política global del IGADI perfila las principales dinámicas de la sociedad internacional durante 2025, así como las perspectivas de los acontecimientos en curso en 2026. Marcado por la presidencia de Donald Trump 2.0 y la erosión total del sistema de normas occidentales por su principal arquitecto, los Estados Unidos de América, la gobernanza global profundiza en la inestabilidad.

¿Cuál es el estado del planeta? Ya disponible el IGADI Annual Report 25-26 Leer más »

Map of Asia es.svg

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 3. Asia (II): outros sistemas

Se China representa o modelo asiático máis centralizado e orientado á seguridade estatal, o resto do continente ofrece respostas moito máis heteroxéneas á gobernanza da IA. India, Xapón, Singapur e Vietnam exemplifican distintas estratexias que oscilan entre a transición cara a unha regulación vinculante e a aposta por modelos flexibles baseados en estándares, boas prácticas e integración normativa. Esta diversidade permite observar como Asia non presenta un modelo de regulamentación uniforme, senón un espazo de experimentación xurídica onde conviven enfoques graduais, híbridos e abertamente inspirados no modelo europeo.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 3. Asia (II): outros sistemas Leer más »

Apartados xeográficos Otros