Obxectivos e Instrumentos

Os nosos obxectivos

  1. Ser un centro de estudos de referencia global independente, para a análise en relacións internacionais, con aceptada vocación para tender pontes entre distintos continentes e tendencias políticas e socioculturais.
  2. Facilitar á nosa comunidade acceso ao seguimento, análise e coñecemento da realidade internacional, por medio de publicacións, materiais, cursos e outras actividades socioculturais.
  3. Converterse nun centro de estudos galego en relacións internacionais de referencia conectado á sociedade global, desde a orixinalidade das nosas liñas de investigación e os nosos obxectivos fundacionais, arredor dun mundo pacífico en liña con principios de Nacións Unidas e un desenvolvemento humano inclusivo.
  4. Participar como axente de diplomacia pública galega en proxectos concretos e sistemáticos para desenvolver un proceso plural para a internacionalización de Galicia en liña coa Axenda 2030. Continuar a ser unha entidade influente na definición, dinamización e coñecemento das políticas públicas de acción exterior de Galicia.

Os nosos instrumentos

  1. As nosas Liñas e redes de investigación consolidadas en áreas temáticas como Xeopolítica e Seguridade, Paradiplomacia e Acción exterior de Galicia e Cooperación internacional e temas emerxentes en relacións internacionais, así como en áreas xeográficas, como os estudos chineses, latinoamericanos e lusófonos.
  2. A web igadi.gal e as publicacións regulares, onde destaca o Tempo Exterior e os Informes anuais Igadi Annual Report e o Nós No Mundo, así como publicacións extraordinarias, como o Informe mundial de Estados de Feito no 2011 ou O Mundo Desde Aquí: A Pandemia da Covid-19.
  3. A realización de investigacións e proxectos estratéxicos en liña coa nosa misión fundacional, traxectoria histórica e liñas de investigación principais, que conectan a Galicia co mundo global, desde o mundo académico, xornalístico e a socieade civil nas súas distintas esferas.4. A promoción da acción exterior de Galicia, desde o know how dun espazo mediador e de coñecemento con trinta anos de traxectoria, de construción de alianzas, ligadas aos intereses de Galicia na sociedade internacional. A participación no Consello de Acción Exterior de Galicia (CAEX) e outras institucións ofrécenos a posibilidade dunha observación sistemática das nosas políticas públicas ou implica a necesidade dunha observación sistemática das nosas políticas públicas.