Sáhara Occidental: O esnaquizamento das regras

Calquera podería ter afirmado, hai ben poucos días, que o contencioso do Sáhara Occidental era un conflicto estancado, sen posibilidade de avance algún. Enlamado entre o cínico mantenemento dun statu quo ilegal coa complicidade dos organismos internacionais e a reiterada insistencia nun imprescindible acordo político, por outra parte inviable, entre dúas posicións radicalmente enfrontadas e, unha delas, a de Marrocos, contumaz no desprezo dos principios do Dereito Internacional e no sistemático incumprimento de todo tipo de acordos.

Apartados xeográficos África
Idiomas Galego

Calquera podería ter afirmado, hai ben poucos días, que o contencioso do Sáhara Occidental era un conflicto estancado, sen posibilidade de avance algún. Enlamado entre o cínico mantenemento dun statu quo ilegal coa complicidade dos organismos internacionais e a reiterada insistencia nun imprescindible acordo político, por outra parte inviable, entre dúas posicións radicalmente enfrontadas e, unha delas, a de Marrocos, contumaz no desprezo dos principios do Dereito Internacional e no sistemático incumprimento de todo tipo de acordos.

Calquera podería ter afirmado, hai ben poucos días, que o contencioso do Sáhara Occidental era un conflicto estancado, sen posibilidade de avance algún. Enlamado entre o cínico mantenemento dun statu quo ilegal coa complicidade dos organismos internacionais e a reiterada insistencia nun imprescindible acordo político, por outra parte inviable, entre dúas posicións radicalmente enfrontadas e, unha delas, a de Marrocos, contumaz no desprezo dos principios do Dereito Internacional e no sistemático incumprimento de todo tipo de acordos.

Ata algúns analistas e estudosos coidaban que a verdadeira e principal vítima deste proceso, o pobo saharauí, esgotara a súa vontade reinvidicativa ou simplemente desaparecera pola perda da súa capacidade de resistencia e, mesmo, da súa identidade colectiva.

Poucos días foron dabondo para amosar o erro deste posicionalmente, por outra banda ben interesado. A abortada creación de campamentos en tódalas cidades do Sáhara non puido impedir a acampada de Gdeim Izik, Campamento Dignidade era o seu nome, onde foron crecendo o número de jaimas e persoas que, de forma pacífica e decidida, formulaban unha reclamación acerca dos seus dereitos permanentemente vulnerados por 35 anos de sometemento e, máis importante aínda, tentaban de amosarlle ao mundo, de forma ben incontestabel, a súa existencia real como colectividade e a súa vontade evidente de afirmala dende a dignidade e a persistencia, nun reclamo vivo á comunidade internacional.

Qué viña a ocorrer para semellante feito caseque impensabel con anterioridade? Ese cambio ben fundamental da estratexia dos saharauís do interior débese, ao meu xuízo, a dúas apreciacións novedosas. A primeira, a consideración de que a relaxación nos controis fronteirizos e policiais do territorio e a vontade manifesta por parte de Marrocos de presentar un Sáhara pacífico e normalizado cara a favorecer a aceptación do seu proxecto de autonomía abría unha fenda nos estreitísimos marxes nos que podían exercer a súa precaria e limitada liberdade.

En segundo termo, a de que a difusión pública do texto dunha carta confidencial dirixida por Christopher Ross, o enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental, aos países responsabilizados de mediar entre as partes negociadoras, o reino de Marrocos e a Fronte Polisaria, insistía tanto na prioridade de promover “medidas de fomento da confianza” canto na idea de que “a consolidación do statu quo…é, a longo prazo, inaceptabel” pois pode afectar “á estabilidade rexional, á seguridade, á integración e ao desenvolvemento”. Parecía reactivarse a posibilidade da negociación e os saharauís do interior do Sáhara non estaban dispostos a que a súa voz non fora escoitada por creelos mudos ou marxinalizados, segundo a propaganda de consumo interior marroquina, na condición de grupos incontrolados de terroristas perigosos e ansiosos de sangue.

Un pobo digno e en pé, a pesar das presións políticas, militares e policiais, nunha porcentaxe de cidadanía considerablemente maior que a integrante da famosa Marcha Verde que tiña consumado simbolicamente a invasión, decidiu insistir na reclamación das súas demandas pese a episodios tan tensos como o do ametrallamento dun todoterreo ocupado por civís co resultado de cinco feridos de bala e a morte do neno de 14 anos Nayem El Gareh, que non chegou a inquietar en absoluto a marcha mohina dunha comunidade internacional ben acostumada a mirar para outro lado nos momentos de conflicto.

Hassán II tiña dito, no ano 1975, que a Marcha Verde e a súa toma de posesión simbólica do Sáhara fora impulsada na crenza de que un exército, naquel caso o español, nunca chegaría a atacar a civís indefensos e desarmados. Xusto o que o seu fillo Mohamed VI, declarado e fervente demócrata, decide e executa, poñendo patas arriba tódalas estratexias que se estaban a prantexar ata ese momento; porque, non nos chamemos a engano, a bárbara destrucción e queima da acampada establece un antes e un despois na dinámica deste contencioso.

Unha orientación que pouco ou nada ten que ver coa necrofílica guerra de cifras que pretende substituír a forza dos argumentos e das razóns pola loita dos números, sanguento e sensacionalista tanteo dun partido sen gañadores onde as partes e os medios se esforzasen por demostrar cal das posicións é a máis acertada co aval do número e o sufrimento dos seus mortos. E, hai que dicilo alto e claro, aínda que este episodio tivese finalizado dunha maneira incruenta, algo a priori non factible, non por eso sería nin menos indignante nin menos brutal.

Ningunha das partes vai a resultar indemne a partir deste tsunami político, producto máis da mesquindade e da miopía intransixente que da vontade de acadar solucións estábeis e duradeiras que non pasen obrigadamente polo cimenterio.

O desprestixio evidente conquerido a pulso pola ONU e a MINURSO, a súa misión neste conflicto, faise irreversible e racha coa esperanza da poboación afectada nunha posibilidade negociada en pé de igualdade e non como vítimas da estafa ou do engano

Marrocos enterra a súa proposta de autonomía e, con ela, a imaxe amábel, democrática e tolerante coa que ven crendo enganar aos países occidentais. Dificilmente podería pactar xa cuns cidadáns, cunha poboación, a quens nos respecta e trata peor que bestas sen recoñecerlles o seu lexítimo dereito a aspirar a súa soberanía política, avalado por ducias de resolucións favorábeis das Nacións Unidas e o seu Comité de Descolonización.

A Fronte Polisaria vese na encrucillada entre apostar por non aparecer como quen abandona as conversas despois de ter amosado a súa inequívoca e rotunda vontade de percurar solucións acordes co Dereito Internacional, e a necesidade de dar satisfaccións urxentes á reclamación doorida e tremante dunha parte dos seus representados, bárbara e brutalmente varrida polo seu interlocutor na negociación. Se non é capaz de garantir a seguridade física do seu pobo a súa lexitimidade quedará en entredito.

E qué dicir das chamadas medidas de confianza?...  Ulo quedarán?... Alguén poderá reclamalas honestamente a corto ou medio prazo?

España, condicionada polas súas vacilantes actitudes condescendentes, consecuencia da súa traizón aos compromisos que tiña na condición de potencia administradora, seguirá afondando inexorablemente nas súas ambigüidades, incapaz de remontarse na súa ineficaz e reiterativa consideración de que a solución pasa por un acordo entre as partes.

Está dentro do grupo dos chamados países amigos que tutelan a resolución do conflicto pero nin esa condición, nin o feito de ter sido potencia administradora (e, legalmente, selo aínda), nin a súa vontade reiteradas veces explicitada de defender os intereses lexítimos do pobo saharauí, nin a españolidade de moitos deles nacidos na declarada en tempos provincia cincuenta e tres do noso Estado, nin o feito de que algúns de entre os afectados sexan, en virtude de reclamación legal, cidadáns españois de pleno dereito, nos bastan para intervir activa e decididamente a favor da paz. A nova Ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, asegurou que os cidadáns españois de El Aaiún se atopaban ben no tempo en que os militares marroquinos asasinaban, atropelándoo brutalmente cun vehículo, ao cidadán español Baby Hamday Buyema, enxeñeiro eléctrico nas minas de Fos Bucraa.

E o pobo saharauí, o dos campamentos de refuxiados en Tinduf e o brutalmente apaleado e esmagado nos seus dereitos e nas súas persoas por Marrocos, incrementará a súa desconfianza na intervención exterior e na verdadeira capacidade de mediación nun proceso no que en definitiva se dirime a súa existencia en tanto tal. Tendo vivido con eles uns poucos pero intensos días denantes do inicio desta protesta e coñecendo das súas ilusións e esperanzas sei ata que punto de desilusión e de raiba os levará o feito de que tiñan sido defraudadas de todo punto.

Todos son, somos, pois, os avergoñados e vencidos nesta hora.