paulo

López-López, Paulo Carlos

Paulo Carlos López-López é profesor no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Imparte cátedra nos graos de Ciencia Política e da Administración e no Grao en Comunicación Audiovisual, así como tamén no Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política. É membro do grupo de investigación Equipo de Investigaciones Políticas e da rede internacional XESCOM. Coordina varios talleres académicos internacionais sobre comunicación política e tecnoloxías, que é a súa principal liña de investigación. Preside a Conferencia Internacional de Comunicación e Tecnoloxías Aplicadas (ICOMTA). Conta cun cento de publicacións en Comunicación e Ciencia Política en revistas científicas tales como Comunicar, Revista de Estudios Políticos, El Profesional de la Información, Journalism Practice, Revista Española de Ciencia Política, Araucaria, Revista Latina de Comunicación Social, Estudios Sobre el Mensaje Periodístico, Razón y Palabra, Cluster Computing, Revista Ibérica de Sistemas e Tecnologias de Informação, Journal of Iberian and Latin American Research, Prisma Social, Cultura, Lenguaje y Representación, Social Sciences ou Societies. Igualmente, ten publicacións nas coleccións de Springer Nature, Routledge ou Palgrave Macmillan. Investiga, igualmente, sobre as relacións políticas e comunicativas no espazo iberoamericano.