IGADI: Memoria de Actividades 2023

IGADI: Memoria de Actividades 2023

O final dun camiño e o inicio de moitos

O IGADI seguiu a avanzar durante o 2023 na renovación organizativa e relevo xeracional comezado no 2019. Durante o ano pasado destacamos especialmente o final da crise aberta que trouxo a pandemia, o inicio do funcionamento da web nova e multi-idiomas www.igadi.gal, a nova estrutura de investigación da entidade, a xuntanza do Consello Asesor ou o camiño aberto para a consecución do estatuto de asociación de utilidade pública.

Combinamos desta maneira as liñas de traballo tradicionais do IGADI como a edición do Tempo Exterior ou os Informes anuais, con proxectos novedosos como o realizado co Campus Industrial de Ferrol para conectalo a Asia e a China ou os novos formatos de actividades como as Gala da Lusofonía e A Coruña Global

Da mesma maneira, seguimos construíndo as bases dunha política de acción exterior para Galicia, especificamente co seguimento e incidencia arredor da nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2023-2027 e de maneira transversal por medio de todas as nosas actividades.