images entrega libro 2

O IGADI celebrou o seu 30 aniversario homenaxeando a Xulio Ríos

- O evento congregou a ducias de persoas no Consello da Cultura de Galicia (CCG), que contando cun aforo limitado polas restricións froito da Covid-19, puido ampliar a difusión do evento a centenares de persoas que seguiron a retransmisitión en liña do mesmo, agora dispoñible na IGADI TV.

- O acto chegou ao seu momento máis emocionante coa intervención de Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra do IGADI, que animou a todas as persoas que fan parte da entidade a teimar no obxectivo de conseguir unha Galicia recoñecible no mundo desde si mesma, apostando polo traballo de investigación e de creación de pensamento próprio e orixinal, apegados a esta laboura desde o compromiso, o rigor e a independencia da sociedade civil.

Palabras chave IGADI Galicia internacional

O evento iniciouse cunha proxección de fotografías históricas dos 30 anos do IGADI, apuntando aos seus fitos e resultados. Posteriormente o acto desenvolveuse por medio da interpretación do IGADI coma unha matrioska. Desta maneira interviron María Xosé Porteiro en nome do CCG, Luis Alvarez Pousa (Consello Reitor do IGADI), Juan González (Alcalde de Nigrán, Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade) Susi Castro (Presidenta Fundación Plácido Castro) e Marola Padín Novas e Daniel González Palau (Vicedirectora e Director do IGADI na actualidade).

Aínda que estaba programado que tamén interviran en liña desde México, Raquel Isamara de León (Observatorio Política China), desde os EUA, Jared Larson (Consello Científico Tempo Exterior) e desde a propia Galicia, Rubén Lois, unha incidência impediuno. Así e todo o acto proseguiu coa proxección dun vídeo colaborativo no que participaron ducias de persoas arredor da pregunta –Que é o IGADI para ti?.

O acto chegou ao seu momento máis emocionante coa intervención de Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra do IGADI, que animou a todas as persoas que fan parte da entidade a teimar no obxectivo de conseguir unha Galicia recoñecible no mundo das nacións, apostando polo traballo de investigación e de creación de pensamento próprio, apegados a esta laboura desde o compromiso, o rigor e a independencia da sociedade civil.

Finalmente tralas paralabras do Presidente de Honra, entregóuselle un Libro Homenaxe que consta de dous volumes: “Unha vida de compromiso para unha Galicia universal” e “De Galicia a China: Donde hay voluntad hay un camino”. Nos libros participan 50 colaboradores, amigos e socios do IGADI, con nomes destacados do mundo da política, o xornalismo, a cultura,  e por suposto, os estudos internacionais e os estudos chineses. Os libros realizáronse coa colaboración do Concello de Baiona, o Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.

images comezoacto  

images fotofamilia 2