images igadi annual report 2019 2020

O IGADI presenta o seu anuario 2019-2020 sobre o estado do planeta “IGADI Annual Report: Da guerra comercial á Covid 19”

O IGADI Annual Report 2019-2020, o noso anuario de relacións internacionais e política global cumpre a súa 13ª edición, no ano do 28 aniversario do IGADI. O documento presenta as Chaves da sociedade internacional durante o 2019, avanzando as Perspectivas para o 2020 no contexto da crise planetaria da Covid 19.

O IGADI Annual Report 2019-2020, o noso anuario de relacións internacionais e política global cumpre a súa 13ª edición, no ano do 28 aniversario do IGADI. O documento presenta as Chaves da sociedade internacional durante o 2019, avanzando as Perspectivas para o 2020 no contexto da crise planetaria da Covid 19.

images igadi annual report 2019 2020

O IAR 2019-2020 repasa o acontecer da sociedade internacional durante o ano pasado presentado en cinco bloques “As chaves de 2019: 1. China-EUA: A nova Guerra Fría  2. Nós no Mundo? Unión Europea e Brexit 3. Pax rusa en Oriente Próximo 4. Potencias emerxentes estancadas? O exemplo dos BRICS e 5. Indignación global no 2019.

En relación ás “Perspectivas 2020” e desde a efervencencia recente da Crise da Covid19 destacan 5 pistas a seguir: 1. Nova normalidade: Incerteza, recesión e mundo online  2.  O coronavirus de Tucídides en ano electoral: USA e China na Covid19  3.  A Unión Europea e a globalización euroasiática  4. En rumbo de colisión no 75 aniversario de Nacións Unidas 4.5.  Manifestación con distancia social.

No anuario participa de maneira moi especial coa sinatura de apertura, Augusto Zamora (profesor de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid, delegado na ONU na Organización de Estados Americanos e no Movemento Non Aliñados, escritor…) que desde o contexto histórico do S.XX, as guerras mundiais e a pandemia actual, repasa a historia do poder global e a súa arquitectura internacional até os nosos días, co enfrontamento USA-China e a crise planetaria da Covid19.

Ademais o IAR pon o foco en 5 escenarios e 5 temas emerxentes na política internacional 2019-2020, agora na nova normalidade. Así as cousas achegámonos á Irlanda do Brexit con Enrique Séz (economista e Pte. Fundación Juana de Veja), a India de Modi con Niranjan Armani (xornalista indio), á volta do Kirchnerismo en Arxentina con Marcelo J. De Los Reyes (Director da Sociedade Arxentina de Estudos Estratéxicos e Globais) as interrogantes abertas da África da Covid19 con David Alvarado (xornalista e consultor internacional) e ao Brasil de Bolsonaro con Wesley S.T. Guerra (Diretor do Centro de Estudos das Relações Internacionais)

Poñemos o acento tamén na política exterior feminista con Paula Lamoso (Doutora en Dereito, Goberno e Políticas Públicas pola Universidade Autónoma de Madrid) nas ameazas á democracia liberal con Jared D. Larson (Profesor na Humbodlt University, California, USA) na Axenda 2030 da man de Miguel Ángel Martínez Pellitero (economista) na crise de persoas migrantes vinculadas ao ”meu país primeiro” con Antonio Alejo (Doutor en procesos políticos contemporáneos pola USC) e finalmente na cuarta revolución industrial con Alfredo Toro Hardy (Diplomático venezolanao e Doutor en relacións internacionais).

O IAR2019-2020 remata con Greta Thunberg, Boris Johnson, Úrsula Von der Leyen, Jeanine Añez e Carrie Lam coma personaxes do ano 2019, xa con outra cara tralo furacán da Covid19.

O IGADI agradece de maneira especial a todas as persoas colaboradoras a súa participación no IAR 2019-2020, especialmente nun contexto cambiante e incerto, así coma a SX de Política Linguística que posibilita a edición e impresión do documento.

Preme aquí para abrir o IGADI Annual Report 2019-2020.