images capanosnomundo

Xa dispoñible o informe anual da acción exterior de Galicia 2017-2018: “Nós No Mundo-We in the World: A paradiplomacia galega e a globalización do local”.

O -Nós no Mundo céntrase nesta edición na acción exterior das nosas cidades, no contexto da aprobación definitiva da Estratexia Galega de Acción Exterior Post 2020, o pasado 1 de febreiro polo Consello da Xunta de Galicia. 

 

images capanosnomundo

O -Nós no Mundo céntrase nesta edición na acción exterior das nosas cidades, no contexto da aprobación definitiva da Estratexia Galega de Acción Exterior Post 2020, o pasado 1 de febreiro polo Consello da Xunta de Galicia. 

 

Para dar conta do estado actual da cuestión e das potencialidades que o noso poder local ten na relación có internacional arrancamos na presentación do Informe cunha aproximación xeral á lóxica da edición do Nós No Mundo deste 2018. Así as cousas, cómpre agradecer a participación no informe tanto ás cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que presentan dende distintas aproximacións a súa experiencia e proxecto nas súas relacións có internacional; como á Dirección Xeral de Relacións Exteriores-UE e á Dirección Xeral da Administración local, que nos achegan tanto ao estado actual da institucionalización da acción exterior galega coma ás posibilidades de colaboración institucional que o novo contexto abre cós distintos suxeitos da nosa acción exterior.

Trala visión dende a Xunta de Galicia e os Concellos, o Nós no Mundo 2017-2018 aproxímase tamén ao desenvolvemento da nosa balanza comercial durante o curso pasado (Manuel González López), ao estado das relacións coa diáspora (focado na polémica có Centro Gallego de Buenos Aires, María Xosé Porteiro) como aos estudos arredor da paradiplomacia galega na Universidade no contexto do 27 aniversario do IGADI (Álvaro Xosé López Mira, Celso Cancela Outeda e Daniel González Palau). Finalmente contamos cunha colaboración extraordinaria da Marcha Mundial das Mulleres, cun texto arredor da xenealoxía e estado da conectividade internacional do feminismo galego no contexto da pasada folga de mulleres do 8 de marzo.

O -Nós No Mundo deixa para outros espazos temas e acontecementos de grande interese que tiveron lugar no 2017, coma os debates na política rexional da Unión Europea (dende os fondos comunitarios á Eurorexión e o Arco Atlántico), o desenvolvemento da Lei Paz Andrade e a participación na CPLP do Consello da Cultura e a Academia Galega da Lingua Portuguesa, ou o 20 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, por citar só algúns dos máis relevantes.

Finalmente cómpre incidir en que o esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a nosa proxección internacional e afirmarnos coma foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva. O -Nós no Mundo é un informe anual que impulsamos dende o ano 2010.

O Nós No Mundo 2017-2018 pódese descarregar aquí.