Nós no Mundo 2020. A paradiplomacia galega na nova normalidade. Podes descarregar o informe na ligazón ao final desta páxina.

Nós no Mundo 2020

A paradiplomacia galega na nova normalidade

Nós no Mundo 2020. A paradiplomacia galega na nova normalidade. Podes descarregar o informe na ligazón ao final desta páxina.

 

  1. Presentación 

  2. Begin the beguine

    María Xosé Porteiro

  3. A acción exterior do Goberno Feijoo e a nova normalidade (2009-2020)

    Daniel González Palau

  4. A economía galega e comercio exterior

    Joám Lopes Facal

  5. Galicia e Axenda 2030: “Think global, Act local”

    Miguel Angel Martínez Pellitero

  6. Galicia-China, un binomio con forza. A acción exterior de Galicia e as relacións con China

    Marola Padín Novas

  7. Galicia e a lusofonía na década dos 20

    Daniel González Palau

  8. Inmigración e comercio tralo Brexit: os interrogantes reabertos pola pandemia global

    Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela (Presentadores do podcast Té con gotas) 

  9. O Brexit e a continuidade de Escocia, Irlanda e Gales no Reino Unido 

     Xoán Antón Pérez Lema

  10. Sen tradución non hai Acción exterior galega

    Silvia Montero Küpper

  11. Documento: Os 28 anos do IGADI e a futura Lei galega 

    de acción exterior e cooperación ao desenvolvemento

  12. Autorías


O informe anual Nós No Mundo cumpre no 2020 a súa undécima edición. Nacido para servir de documento de referencia e seguimento anual das políticas de acción exterior de Galicia, vén a luz neste atípico mes de xuño de 2020, tralo confinamento producido pola crise da Covid19 desde o 14 de marzo e agora, transitando a nova normalidade co ollo virado á convocatoria electoral á Xunta para o 12 de xullo.

Cando a comezos de 2020 pensabamos en organizar o anuario, co horizonte electoral incerto á Presidencia da Xunta de Galicia, centramos a proposta inicial do índice arredor dos debates e avances durante 2019 da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento. Procuramos a participación dos distintos partidos políticos presentes no Parlamento, así coma dos axentes públicos e privados máis importante da presenza internacional de Galicia, na liña destes 11 anos de Nós No Mundo (incorporando achegas plurais en galego arredor das nosas políticas públicas de acción exterior).

Sen embargo, coa convocatoria electoral ao Parlamento galego do 10 de febreiro para o 5 de abril, e a suspensión sine die do proxecto de Lei de acción exterior, (varada na mesa do Parlamento en disolución trala súa aprobación no último Consello da Xunta do 30 de xaneiro) decidimos amplificar o foco do anuario, revisando tamén a escala e o impacto do Brexit en Galicia. Finalmente, o trepidante mes de marzo de 2020 e o inicio do confinamento e normalización da distancia de seguridade fronte á Covid19 no conxunto da sociedade internacional, acabou por obrigarnos a flexibilizarmos aínda máis a proposta da edición deste ano (o Brexit e o impacto en Galicia ocupará de maneira monográfica no próximo número do Tempo Exterior). 

Con estes vimbios, a resolución final da duodécima edición do Nós No Mundo desenvólvese recorrendo varias temáticas fundamentais da nova normalidade da acción exterior de Galicia; a diáspora, a radiografía da nosa economía internacional no momento actual, o marco político e legal que deixa o Goberno Feijoo en acción exterior 2009-2020, a aterraxe no sistema institucional galego da Axenda 2030, as relacións de Galicia con China, a lusofonía e o Reino Unido ou o papel da tradución na nosa acción exterior. 

A pandemia amosou as fendas da globalización mais demostrou a necesidade do tempo exterior e do coñecemento rigoroso e sistemático arredor da acción internacional coma política pública. A singularidade e o valor engadido do noso selo exterior pasa tamén polo status de nacionalidade histórica. Agardamos que máis cedo que tarde este asunto prenda na axenda política e Galicia adique forzas a integrarse de maneira eficaz na sociedade internacional que xa chega, poñendo e actualizando a nosa marca en valor agora que a Covid19 suspendeu as partituras todas, emerxendo tamén con toda a súa forza a globalización do mundo online e a transformación dixital.

Por último agradecer con forza a todas as persoas colaboradoras co anuario a súa colaboración e paciencia para sacar adiante esta 12ª edición do Nós No Mundo. Aspiramos a manter vivo o debate construtivo e non por iso auto compracente sobre a necesidade da paradiplomacia galega, desenvolvida desde as institucións en complicidade coa sociedade.