images ma1

A Estratexia Galega de Economía Circular no marco da Axenda 2030

A economía circular é dos conceptos mais repetidos cando falamos da necesidade de avanzar cara a un modelo económico e social sustentábel e respectuoso co medio ambiente. Nos últimos anos, numerosas organizacións e entidades tanto públicas como privadas están aliñando os seus modelos de gobernanza con este modelo que aspira a superar a tradición visión lineal da economía e da xestión dos recursos dispoñibles.

Liñas de investigación Paradiplomácia
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Idiomas Galego

A economía circular é dos conceptos mais repetidos cando falamos da necesidade de avanzar cara a un modelo económico e social sustentábel e respectuoso co medio ambiente. Nos últimos anos, numerosas organizacións e entidades tanto públicas como privadas están aliñando os seus modelos de gobernanza con este modelo que aspira a superar a tradición visión lineal da economía e da xestión dos recursos dispoñibles.

Có lanzamento primeiro da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e agora da Estratexia Galega de Economía Circular e do Proxecto de Lei de Residuos, Galicia aspira posicionarse á vangarda da transición cara unha economía verde non só no Estado español senón en toda Unión Europea. Aproveitando o impulso da Axenda 2030 e a súa crecente transcendencia nas diferentes axendas políticas, para camiñar cara o anhelado cambio de paradigma que xa non só se interpreta como unha necesidade medioambiental, senón que se recoñece como un horizonte mais próspero e sustentábel economicamente.

 

images ma1

 

Economía lineal vs Economía circular
Fonte: Papeles del Pacto Industrial, N.º 4. Pacte Industrial de la Regió Metropolitana de Barcelona
Qué es la economía circular y por qué es importante para el territorio

A Estratexia Galega de Economía Circular 2020-2030  (EGEC) parte constrúese a partir do marco establecido no “Plan de Acción para a Economía Circular” elaborado pola Comisión Europea vixente dende o ano 2015, onde se introducen unha serie de propostas e iniciativas para traballar en todas as dimensións referentes á economía circular; dende a produción ata o xestión final dos residuos.

Esta, trata de “dotar a Galicia dunha estratexia propia no marco establecido pola comisión, adaptándoo as súas peculiaridades económicas, sociais, naturais, produtivas e enerxéticas”, perseguindo beneficios non só na xestión dos residuos, a protección do chan, do auga, do aire,  da enerxía ou do clima, senón que tamén busca a xeración de impactos positivos nas dimensións económica e social.

A EGEC fai unha proposta holística, e se estrutura en 3 dimensións: eixos de actuación (8 eixos prioritarios sobre os que centrar a actuación, cada un de eles conta unha proposta particular), axentes implicados (coa identificación concreta de administracións públicas, empresas, grupos de investigación e da sociedade en xeral) e recursos naturais ( 6 recursos que son o destinatario final da propia estratexia).

O esquema da EGEC fica mais claro coa ilustración seguinte empregada no documento oficial da Xunta de Galicia: de fora a dentro: eixos de actuación, axentes implicados e recursos.

images ma2

Modelo da Estratexia Galega de Economía Circular
Fonte: Estratexia Galega de Economía Circular. Xunta de Galicia.

A Estratexia Galega de Economía Circular, xunto á citada Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e o proxecto de Lei de Residuos marcan  un aliñamento claro das políticas públicas impulsadas pola Xunta de Galicia coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

En concreto, os ODS N.º 12 “Produción e consumo responsables”, ODS N.º6 “Auga limpa e saneamento” ou o ODS N.º “Cidades e comunidades sostibles” teñen metas directamente vinculadas co que aquí formulado, apostando por unha economía circular que permita unha xestión eficiente dos recursos naturais e unha xestión responsable dos residuos xerados mediante a construción dunha economía alternativa.

Unha vez formulado o modelo de gobernanza, haberá que esperar os planos operativos e cales son as actuacións concretas que se impulsan dende o goberno da comunidade nos próximos meses, pois unha transición de este calibre non basta con lexislala, é necesario impulsar cambios mediante a intervención directa nos circuítos político-económicos existentes.

Co potencial natural que ten o noso país, un novo paradigma verde semella non só o camiño mais respectuoso, senón o mais lóxico e sustentable a longo prazo. Recoñecemos o avance, pero compre baixar á realidade e impulsar cambios reais en todas as áreas descritas, cambios que non serán doados e que afectarán a moitos intereses particulares en prol dun interese común, o interese da nosa terra e do noso pobo. Compre moito compromiso político para acadalo.