Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e é especialista en Diplomacia Deportiva. Realizou o Mestrado en “Xestión empresarial do deporte” da Universidade de Vigo. Combina o proceso de formación e especialización na materia coa competición a nivel nacional de judo e fútbol
Artigos de Álvarez Ares, Marta

Moita máis diplomacia deportiva da agardada na Eurocopa (e na Copa América)
Apartados xeográficos Europa
Informe de impactos Eurcocopa de Alemaña 2024

Eleccións lexislativas de Francia: Os riscos das eleccións máis próximas a uns xogos olímpicos no último seculo
Apartados xeográficos Europa
Francia acudirá ás urnas a menos de tres semanas da Cerimonia de Inauguración dos Xogos Olímpicos de París 2024. Isto é un feito histórico, sendo a ocasión que máis preto
coinciden uns comicios do evento de verán en 100 anos, dende que se solaparan co transcurso do torneo, casualmente no mesmo país, en París 1924. Porén, a magnitude do
evento deportivo actual non ten nada que ver con aquel, aínda amateur. Súmase, por tanto, un reto máis á cita Olímpica que, a pesares de que non debería afectar en termos organizativos, é moi probable que teñan impactos significativos na promoción dos Xogos e o turismo, na mobilización social, ou na súa imaxe e lexitimidade no exterior.

A diplomacia deportiva: Das turbulencias no 2023 aos Xogos Olímpicos de París 2024
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica Paradiplomácia Cooperação Internacional e Agenda 2030
Un 2023 sen os coñecidos mega-eventos deportivos non significou, en absoluto, baleiro de diplomacia deportiva. Para os deportistas, o ano preolímpico serve para lograr clasificacións e postos nos rankings cara aos Xogos. Paralelamente, os países empregaron a diplomacia deportiva para definir posicións nun contexto internacional convulso, como se estivesen, en certa forma, escalando postos nunha clasificación segundo o seu poder, seleccionando os seus equipos ou definindo os seus rivais.
