Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e é especialista en Diplomacia Deportiva. Realizou o Mestrado en “Xestión empresarial do deporte” da Universidade de Vigo. Combina o proceso de formación e especialización na materia coa competición a nivel nacional de judo e fútbol
Artigos de Álvarez Ares, Marta
Moita máis diplomacia deportiva da agardada na Eurocopa (e na Copa América)
Apartados xeográficos Europa
Informe de impactos Eurcocopa de Alemaña 2024
Eleccións lexislativas de Francia: Os riscos das eleccións máis próximas a uns xogos olímpicos no último seculo
Apartados xeográficos Europa
Francia acudirá ás urnas a menos de tres semanas da Cerimonia de Inauguración dos Xogos Olímpicos de París 2024. Isto é un feito histórico, sendo a ocasión que máis preto
coinciden uns comicios do evento de verán en 100 anos, dende que se solaparan co transcurso do torneo, casualmente no mesmo país, en París 1924. Porén, a magnitude do
evento deportivo actual non ten nada que ver con aquel, aínda amateur. Súmase, por tanto, un reto máis á cita Olímpica que, a pesares de que non debería afectar en termos organizativos, é moi probable que teñan impactos significativos na promoción dos Xogos e o turismo, na mobilización social, ou na súa imaxe e lexitimidade no exterior.
A diplomacia deportiva: Das turbulencias no 2023 aos Xogos Olímpicos de París 2024
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia Cooperación Internacional e Axenda 2030 Relacións Internacionais
Un 2023 sen os coñecidos mega-eventos deportivos non significou, en absoluto, baleiro de diplomacia deportiva. Para os deportistas, o ano preolímpico serve para lograr clasificacións e postos nos rankings cara aos Xogos. Paralelamente, os países empregaron a diplomacia deportiva para definir posicións nun contexto internacional convulso, como se estivesen, en certa forma, escalando postos nunha clasificación segundo o seu poder, seleccionando os seus equipos ou definindo os seus rivais.
Despois dos Xogos Olímpicos: Tensións diplomáticas en Beijing 2022 e Tokio 2020
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A cerimonia de clausura executada o pasado domingo 20 de xaneiro no Estadio Nacional de Pequín supuxo o broche final á excepcional dobre cita olímpica levada a cabo en menos dun ano no continente asiático. Tras un adiamento histórico, e marcados pola aínda vixente pandemia da COVID-19, realizamos un breve repaso ao desenvolvemento de ambos eventos e a súa relación coas relacións internacionais e as predicións expostas fai uns meses na serie de artigos ao redor da diplomacia deportiva.
Beneficios dunha estratexia de paradiplomacia deportiva galega
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Como vimos no anterior artigo, en Galicia estanse a facer unha multitude de accións de carácter deportivo con impacto no eido exterior, mais que non contan cunha planificación previa que logre potenciar os resultados. A raíz dunha análise dos obxectivos e prioridades da acción exterior galega, serían varias as áreas nas que a implantación dunha […]
Por que unha estratexia de diplomacia deportiva para Galicia?
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Ao longo desta serie sobre diplomacia deportiva fomos desenvolvendo algúns dos seus múltiples beneficios, dende un eido interno á proxección internacional, as relacións bilaterais ou a cooperación para o desenvolvemento. Tras facer un percorrido por eles, unha utilización organizada das ferramentas que ofrece o deporte pode parecer un recurso útil e beneficioso para a diplomacia […]
O deporte como propulsor do intercambio cultural
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
O restablecemento dos Xogos Olímpicos Modernos implicou unha evolución cara a universalidade do deporte, sendo a promoción dunha corrente internacional e internacionalizada das relacións humanas, que xerase coñecemento e comprensión entre os pobos unha das ideas básicas da restauración Coubertiana, e que avanzou da man coa constante evolución do deporte ata o escenario globalizado actual.
O deporte na loita polos dereitos humanos e o desenvolvemento
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
Os principios do Olimpismo, definen o deporte como unha filosofía de vida, asociada á cultura e a formación, que busca crear un estilo de vida baseado na alegría do esforzo, o valor educativo do bo exemplo e o respecto polos principios éticos universais, co fin de establecer unha sociedade pacífica e comprometida coa dignidade humana. […]
As relacións bilaterais na diplomacia deportiva
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
Nos últimos días, a axitación causada por uns vindeiros partidos de fútbol puxo na orde do día a relevancia da diplomacia deportiva, concretamente en torno a súa influenza nas relacións bilaterais. Kosovo, que declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia no 2008, é membro de pleno dereito do COI e da FIFA, non así da […]
Os mega-eventos deportivos: a ferramenta máis utilizada para a proxección internacional
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Da tregua olímpica ao branqueamento do fascismo, a organización dos grandes mega-eventos deportivos perseguiu moi diversos obxectivos ao longo da historia. Son principalmente os Xogos Olímpicos de Verán e a Copa Mundial de Fútbol os dous eventos deportivos internacionais cunha maior repercusión e popularidade, mais non hai que esquecer o papel á alza dos seus […]