Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Kuchma non quer deixar paso

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O poder ten que demostrar que é poder, dixo con satisfacción o Presidente Kuchma comentando a noticia sobre o desprazamento forzoso do campamento de tendas instalado na céntrica rúa Khreschatyk de Kiev polo movemento "Ucraína sen Kuchma". As forzas da orde pública necesitaron soamente 30 minutos para executar o ditame dun xulgado do distrito centro …

Romanov, Oleksiy Read More »

Acosado, Kuchma, responde con máis represión

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O pasado día 3 de febreiro foi detida a ex viceprimeiroministro, líder do Partido "Patria" ,Yúliya Tymoshenko, acusada de sete delictos económicos. O seu ingreso en prisión produciuse catro días despois da creación do movemento “Iniciativa Cívica de Salvación Nacional”. Xunto aTymoshenko, que era a personalidade máis eminente desa agrupación, ingresaron no cárcere o líder …

Romanov, Oleksiy Read More »

Ucraína sen Kuchma

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Nos últimos anos os kievitas acostumaronse a que o centro da súa cidade esté permanentemente en obras. Últimamente, unha valla moi alta, a xeito dun cercado, apareceu no seu lugar de encontros máis preferido, a Praza da Independencia, onde antes figuraba unha enorme estatua de Lenin e agora debería erguerse un monumento á independencia de …

Romanov, Oleksiy Read More »

Ucraína, soberanía a golpe de escándalo

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
Gongadzegate, Kuchmagate, Morozgate, Tapogate, Recordingsgate, etc: a cantidade de nomes cunha clara alusión ao famoso escándalo estadounidense dos anos setenta con implicación do propio Presidente, que se dan ao escándalo co que a Ucraína entrou no novo milenio ben corresponde á complexidade e gravedade do caso que se imputa ao presidente Kuchma e ao nivel …

Romanov, Oleksiy Read More »