DIEGO SANDE VEIGA ENTREVISTA AO XEFE DE DEPARTAMENTO DE ENERXÍA, AEROESPAZO E SMART CITIES NA OFICINA COMERCIAL DE ESPAÑA NOS ÁNXELES
Senin Carbia

Os sectores enerxético e tecnolóxico son claves na expansión da industria galega en EEUU

O Sr. Senín Carbia Coucheiro é Xefe do Departamento de Enerxía, Aeroespazo e Smart Cities na Oficina Económica e Comercial de España en Los Angeles (EUA).Graduado en Administración e Dirección de Empresas e con Mestrado en Dirección e Xestión do Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela.Anteriormente, traballou para empresas galegas como desarrollador de negocio e en departamentos de operacións de loxística internacional.
Liñas de investigación Economy
Idiomas Galego

Cales son na súa opinión os puntos fortes e as alianzas coas que conta Galicia para acadar o desenvolvemento no seu territorio?

Galicia conta con grandes empresas con vocación internacional en moitos sectores (textil, agroalimentario, madeireiro, automoción, naval, química, aeroespacial, TIC, construcción, loxística…) que serven como motores da economía e crean sendas de desenvolvemento para o asentamento de novas empresas. Creando unha importante rede auxiliar e fomentando a creación de sinerxias.

Para un bo desenvolvemento internacional, é moi importante a colaboración entre empresas do mesmo ámbito e complementarias. No caso dun mercado tan competitivo como pode ser o de EUA, ter un bo coñecemento sectorial e unha rede de socios comerciais e proveedores facilita unha mellor implementación no país e reduce o risco.

Do mesmo xeito, outra fortaleza é o capital humano profesionalizado. Conseguido grazas o esforzo que se fai na capacitación de traballadores por parte das empresas galegas, universidades e centros de ensino en xeral. Por outro lado, tamén teñen o apoio dos diferentes organismos e administracións asentadas no exterior (Embaixadas, Oficinas Comerciais, IGAPE, Cámaras de Comercio…)

Foto

E cales as principais barreiras e/ou resistencias para as empresas galegas?

A principales resistencias que nos podemos encontrar no mercado da costa oeste dos EUA é a competitividade. Só California, é un gran atractivo para as principales empresas do mundo, estamos falando dun estado que se fose un país sería a quinta economía mundial, cun PIB superior ao de Francia ou Reino Unido. Por outro lado, o Condado de Los Angeles tería un PIB pouco inferior ao de Suiza. A competitividade é inmensa, tanto polas empresas estadounidenses como a compentencia asiática, moi asentada nesta costa. Intentar abarcar mercados tan grandes poden facer perder o foco do negocio ó que se quere chegar.

Ao mesmo tempo, as diferentes casuísticas como a diferencia horaria, cultura do consumidor, idioma etc. Fan moi recomendable a necesidade de ter unha filiar ou persoal desprazado no país. O cal significa unha importante inversión de capital para poder facer fronte a todos os costes de establecemento, incluído a contratación de traballadores locales.

Para apoiar a internacionalización existen diferentes organismos de apoio. Por exemplo, ICEX conta con acordos con entidades bancarias para axudar a encontrar as ferramentas financeiras para a internacionalización, e COFIDES apoia a financiación de proxectos no exterior a través de préstamos.

Do mesmo xeito, as Oficinas Económicas e Comerciais de ICEX ofrecen servicios personalizados tanto de identificación de potenciales clientes, estudos de mercado, realización de axendas de negocios etc. Que permiten testear o mercado e obter contactos de interese sen a necesidade de facer unha gran inversión.

Cales foron, para vostede, as principais contribución da súa Oficina Económica e Comercial á internacionalización da economía galega? 

Desde a oficina na que traballo apoiamos a todas as empresas e organismos que fomenten a internacionalización e a competitividade das empresas. Traballamos na identificación de socios para empresas, colaboramos co IGAPE, Cámaras de Comercio, clústers e cada unha das empresas que de forma individual nos mostra o seu interese na mercado americano.

Podo decir que hai gran presenza galega, tanto de traballadores como de empresas en sectores tan tecnoloxicamente punteiros como o aeroespacial e o das enerxías renovables.

Desde o seu punto de vista, cales serán os principais retos da expansión da economía galega no eido internacional nos vindeiros anos? E de cara ao futuro a máis longo prazo?

De cara a costa oeste de EUA, o principal reto dos próximos anos é ser capaz de tender as pontes e facer os contactos necesarios que permitan crear valor no mercado. Se baixamos a sectores, vemos que no sector da enerxía existe unha aposta clara pola descarbonización e a reducción da polución. Polo que todas as tecnoloxías que permitan facer esos obxectivos realizables van a xerar interese no mercado. Vemos con gran expectación o desenvolvemento da eólica offshore flotante, que xa se está empezando a planificar ligado as bonificacións impositivas que se van aplicar para a producción de enerxía de fontes renovables.

Por outro lado, a procura da reindustrialización e as barreiras laborais que existen marcan que para ser capaz de afrontar os retos e aprobeitar as oportunidades que existan no mercado vai a ser necesario estar asentado no país. EUA fixo unha clara aposta pola fabricación local ca idea de evitar dependencias económicas doutras economías.

Como podería mellorar a súa Oficina Económica a actividade de internacionalización da economía galega? Que necesidades detectan para isto?

Tentamos ser capaces de detectar as oportunidades de negocio e os proxectos que se están elaborando ou planeando no mercado. Ca idea de poder anticiparnos a mapear a información que axude as empresas a ser capaces de crear valor para os seus potenciales clientes. Ese é o obxectivo. Para iso estamos en contacto cos diferentes organismos e empresas que teñen toma de decisión en cada unha das áreas que traballamos.

Ao mesmo tempo para mellorar a actividade da internacionalización das empresas, damos información personalizada e atendemos as consultas que nos envíen a través do seguinte email: losangeles@comercio.mineco.es ou do programa Conecta2, onde se fixa unha videoconferencia para resolver as dúbidas que existan e contrastar opinións de mercado sen ningún custo para a empresa.

Tamén, ofrecemos servicios personalizados, por exemplo para buscar potenciales investidores, clientes ou realizar estudos de mercado. Unha vez feito o estudo, a empresa recibe un informe cos datos obtidos e as conclusións do mesmo. Contra maior interese exista en desenvolver negocio na Costa Oeste de EUA máis interacción teremos cas empresas que se decidan por este mercado.

Coñecendo ao/á entrevistado/a

Un feito histórico para e economía galega no ámbito internacional:

Recentemente, un galego na final da copa do mundo das StartUp en San Francisco.

Un obxectivo:

Crear valor para as empresas.

Un reto de futuro para a acción exterior galega:

Abrir novos mercados, apostar pola internacionalización.

Moitas grazas polas súas achegas

Desde o IGADI agardamos moitos éxitos nos obxectivos formulados

Diego Sande Veiga

Coordinador da liña de investigación en Economía do IGADI

Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela