Análises

As distintas Liñas de Investigación e análise producen artigos, publicacións, actividades e proxectos. Desde aquí podes coñecer toda a produción do IGADI. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2022) o IGADI xerou máis de 6.000 artigos na súa web.

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica

A segunda Comisión von der Leyen, un ano despois de iniciar o seu mandato, consolidou un método político baseado na aceleración lexislativa, na coordinación interservizos e no uso intensivo de paquetes omnibus para reaxustar políticas recentes. Una receita debedora do corporativismo alemán (Mesa para o Agro, para a Automoción) ante a crise de identidade do modelo socioeconómico europeo, sobre todo renano-carolinxio, substituíndo a granularidade regulatoria por procesos integrados orientados a resultados. Estes paquetes, que en 2025 integraron dez reformas simultáneas e que continuarán en 2026, están a transformar sectores como a automoción, a industria química, o agroalimentario, as políticas ambientais e a gobernanza dixital. A prioridade esencial da Comisión: reforzar a competitividade europea nun contexto de transición verde, tensión xeopolítica e crecente presión sobre cadeas industriais, en liña co informe Draghi.

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica Read More »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026 Read More »

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Middle East
flag reino unido

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo

Mentres a UE optou por unha lexislación horizontal e exhaustiva co RIA, o Reino Unido decidiu trazar un camiño diverxente, apostando polo que denomina un “enfoque pro-innovación” (A Pro-Innovation Approach). Esta estratexia caracterízase, ata o momento, pola súa flexibilidade e pola ausencia de novas leis primarias ríxidas que abarquen todos os sectores, preferindo un modelo

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo Read More »

Liñas de investigación International Relations European Union
Apartados xeográficos Others
IGADI — Espana China 4x5

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta?

O xoves 23 de abril entre as 17h e as 20h, ofreceremos un programa de televisión por internet centrado nas relacións entre España e China. O programa é froito da nosa longa historia de seguimento das transformacións da República Popular de China desde o 1991, un ámbito no que o IGADI-Observatorio da Política China é un referentes internacional.

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta? Read More »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026

O ano 2026 presentábase de inicio como un exercicio de transición: nin estamos xa na fase máis aguda das crises acumuladas dos últimos quince anos, nin se pode falar dunha estabilidade plena. Pero a economía internacional móvese nun equilibrio fráxil entre a recuperación, a fragmentación xeopolítica e a transformación estrutural. Proba diso son os recentes acontecementos en Oriente Medio. Ata o comezo da guerra ilegal de Irán, impulsada polo binomio Trump-Netanyahu, albiscándose un horizonte económico de recuperación en Europa. Non obstante, a escalada dos prezos do petróleo ameaza con estender unha mancha negra no horizonte a curto e medio prazo. A duración deste conflito -ou outros derivados que puidesen xurdir- marcará a evolución económica no presente exercicio. Mentres tanto, podemos sinalar algunhas tendencias na economía global.

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026 Read More »

Liñas de investigación International Relations Economy
Apartados xeográficos Others
Imaxe sen dereitos de autor 1 1

Tres candidatos e un país en suspenso – 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú

Imaxina un país no que, nos últimos dez anos, oito persoas diferentes ocuparon a presidencia. Non por mortes, nin por revolucións senón por vacancias, renuncias forzadas, autogolpes de Estado e crisis institucionais nun bucle que semella estar no día da marmota. Ese país non hai que imaxinalo porque é o Perú. E, a pregunta que estaba no aire o pasado domingo 12 de abril, non era tanto quen pasaría a 2ª volta, senón se o sistema democrático por fin sería capaz de producir un presidente que realmente puidera gobernar ante un abanico de máis de 35 candidatos.

Tres candidatos e un país en suspenso – 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú Read More »

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Latin America
Bandeira da Unión Europea

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea

Ao analizar o continente europeo, destaca, como non podería ser doutro xeito, o Regulamento de Intelixencia Artificial (xa referido anteriormente como RIA), o 13 de xuño de 2024 polo Parlamento Europeo. Trátase, sen dúbida, da normativa máis coñecida e comentada a nivel internacional, non só polo seu carácter pioneiro e polo alcance ambicioso do proxecto, senón tamén pola vontade explícita da UE de crear un texto xuridicamente vinculante en materia de IA, coa finalidade de establecer un estándar global e provocar o coñecido efecto Bruxelas.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea Read More »

Liñas de investigación International Relations European Union
Apartados xeográficos Others
Grupo 11143

Operación policial contra o «Grupo 1143», organización neonazi portuguesa

«We must secure the existence of our people and a future for white children» (Debemos asegurar a existencia do noso pobo e un futuro para os nenos brancos) é o lema creado por David Lane (falecido en prisión en 2007), líder do grupo supremacista branco «The Order» (A Orde). Estas catorce palabras (Fourteen Words) reproduce a distorsionada visión do neonazismo/supremacismo ario, segundo a cal a raza branca diríxese á extinción debido ao aumento da poboación doutros grupos étnicos debido á manipulación dos xudeus. A popularidade do slogan entre estas correntes extremistas fai que se empregue tamén de maneira abreviada, por exemplo, co número «14».

Operación policial contra o «Grupo 1143», organización neonazi portuguesa Read More »

Imaxe dun vídeo tipo Lego-Explosive Media.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos

Mentres continúan as operacións militares e se intensifica a confrontación entre Irán, Estados Unidos e Israel, a guerra non se libra unicamente no plano estratéxico ou territorial. En paralelo, despregase unha batalla menos visible pero igualmente decisiva: a disputa polo control do relato no entorno dixital. A través de formatos aparentemente triviais —como vídeos animados de estética simple e alto potencial viral—, os actores implicados procuran non só influír na percepción internacional do conflito, senón tamén redefinir o seu significado, os seus protagonistas e as condicións baixo as que poderá interpretarse o seu desenlace.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos Read More »

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Middle East United States
Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.

Que gaña China nesta guerra? Read More »

Apartados xeográficos China and the Chinese world